Jorquera: “Non abonda con que o Concello impoña a Albada multas de 3.000 euros cada dous días”

Francisco Jorquera e Avia Veira respaldaron esta mañá coa súa presenza a nova concentración de traballadoras e traballadores de Albada na Praza de María Pita

“Facemos nosas as reivindicacións dos traballadores”, afirma o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera. “Non abonda con que o concello impoña a Albada multas de 3.000 euros cada dous días se a concesionaria deixa de recoller o lixo aos concellos do Consercio das Mariñas”, engade, ao tempo que apela ao Goberno Local a que “utilice todas as ferramentas ao seu alcance” para obrigar a empresa a cumprir coas súas obrigas e a non atentar contra os dereitos do cadro de persoal.

“No propio prego de condicións [do contrato para a xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián], contémplase a intervención, o secuestro da concesión, pór a planta baixo as ordes directivas do concello”, remarca Jorquera. “O BNG vai demandar, como demandan as traballadoras e os traballadores, man dura por parte do concello fronte ás prácticas mafiosas e chantaxistas de Albada”, conclúe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − dieciocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.