José Ramón Lete Lasa, lamenta o pasamento do presidente do Real Club Náutico de Vigo, Rafael Tapias.

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través do  seu titular, José Ramón Lete Lasa, lamenta o pasamento do presidente do Real Club Náutico de Vigo, Rafael Tapias. Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia envía unha mensaxe de apoio e traslada o seu pésame a todos os familiares e amigos de Rafael, así como a toda a familia do deporte galego en xeral e da vela en particular.

O mandatario galego salientou a figura do presidente olívico como un “destacado persoeiro galego tanto no deporte como na sociedade de Vigo e por extensión de Galicia”. Neste sentido lembrou a Rafael Tapias como un “impecable dirixente que soubo adaptar ao Real Club Náutico aos cambios que precisaba e que sempre  estivo disposto a contribuír á mellora do noso deporte ata a fin dos seus días”.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.