Martínez Acón comprométese a colaborar para que “o sector pesqueiro mellore na promoción do seu produto”

A concelleira de Industria participou no acto de clausura do VII Congreso de Sostibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, organizado pola Fundación FREMMS na Lonxa

A concelleira de Industria, Eva Martínez Acón, clausurou esta mañá o VII Congreso de Sostibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, organizado pola Fundación FREMMS, no que se expuxeron os principais problemas da pesca para os que profesionais do ámbito e do mundo da ciencia e da administración aportaron solucións. A edila destacou a interrelación permanente da cidade co sector pesqueiro e comprometeuse a colaborar para darlle a valorización a un pescado e marisco que non os hai noutra parte do mundo, pero que necesitan unha mellor promoción.

Martínez Acón sinalou que A Coruña e o Porto teñen que ser un e que o Goberno local e o autonómico “deben ir igualmente da man para adecuar a infraestrutura ás esixencias do mercado, seguindo sempre as premisas de sostibilidade e seguridade alimentaria”. Engadiu que hai que incidir nese descenso no consumo de peixe e facer ver a importancia dunha dieta basada en proteína mariña para que a veciñanza se conciencie e valore o que están mercando.

A concelleira agradeceu á Fundación FREMMS a organización dunha cita na que se abordou a obriga de desembarque, os tac’s, as cotas insuficientes, a incerteza ante as posibles consecuencias do brexit ou o descenso na compra de pescado e asegurou que a política ten que xogar un papel decisivo á hora de tomar decisións estratéxicas de cara a mellorar a realidade da pesca.

Ao acto tamén acudiron Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas; Julio Abalde, rector da Universidade; Enrique Losada, presidente da Autoridade Portuaria; Javier Fraga, de Banca Mar, Abanca; e Juan Carlos Corrás, presidente de FREMMS.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho + seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.