Ningún músico sen instrumentos

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou en rolda de prensa que a Xunta de Goberno aprobou as bases do Banco de Instrumentos da Escola Municipal de Música.

Ningún lugués sen instrumentos. Esa é a premisa anunciada pola Xunta de Goberno de Lugo. “Trátase dun servizo para que as familias con maiores necesidades económicas, que non poden facer fronte á inversión que require un instrumento musical, poidan facilitar a iniciación das súas fillas e fillos á música”, indicou Maite Ferreiro.

Dous trombóns, catro trompetas, dúas trompas, tres saxofóns altos, dúas frautas, un fagot, dous bombardinos, unha tuba, unha gaita en do, dous pitos en re, tres packs de percusión e cinco clarinetes forman parte do fondo inicial do banco, que segundo Maite Ferreiro “poderá ser ampliado no futuro, tanto mediante adquisición de instrumentos por parte do concello como con doazóns”. Sobre o material doado, Ferreiro indicou que “sempre que se ceda material para a Escola, converterase en material de préstamo a non ser que o estado ou o interese do instrumento o fagan máis apto para a súa exposición ou conservación”.

As e os alumnos da escola que desexen solicitar instrumentos deberán estar empadroadas en Lugo. Os préstamos durarán como máximo un ano e cada estudante só poderá optar a un instrumento. Para a adxudicación dos instrumentos, terase en conta a situación económica de cada familia,  ademais, o prazo de solicitude poderá abrirse varias veces cada ano

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − 12 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.