O Cuarteto da Luca, no Multiusos da Xunta

A primeira orquestra profesional de Lugo tocará de forma gratuita este venres en Lugo, toda unha oportunidade para as familias

A Xunta de Galicia colabora co Cuarteto da Luca, a primeira orquestra profesional de Lugo, na organización de catro concertos que se desenvolverán ata fin de ano, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta na nosa cidade. Todos eles de acceso gratuíto, ata completar o aforo.

A primeira das citas terá lugar este venres, 8 de novembro, ás 20 horas. Trátase dun concerto do cuarteto de vento, de carácter didáctico e, polo tanto, orientado ao público familiar. Todos aqueles que queiran sumarse poderán iniciarse na música clásica. Haberá unha parte explicativa e pezas musicais sinxelas.

Tamén  hai outras citas previstas para os días 1, 23 e 26 de decembro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.