O Goberno municipal inicia a instalación da noria e o moneco de neve do Nadal vigués

Desde este mércores e ata o vindeiro 20 de xaneiro haberá restricións de tráfico no cruce de Colón e Areal para a noria e na rúa Rosalía de Castro para o boneco de neve. A rúa Pontevedra pasará a ser de sentido dobre, desde Areal ata García Barbón

O Concello de Vigo iniciará a noite deste martes os preparativos para a montaxe da noria en Areal e o boneco de neve en Rosalía de Castro e con este motivo haberá restricións de tráfico no cruzamento da rúa Colón con Arenal e en Rosalía de Castro. Segundo avanzou o alcalde en rolda de prensa, a partir das doce da noite do martes accederán á zona os camións co material polo que a deixarán valada e cortada ao tráfico como estaba previsto.

Desde as 21:00 horas de hoxe xa haberá unha reprogramación do cruzamento da rúa Colón para habilitar o semáforo de saída da rúa Pontevedra a García Barbón e desde as 00:00 horas do mércores despregarase a sinalización necesaria para que á primeira hora da mañá queden establecidos os desvíos no dobre sentido para bus e taxi na rúa Pontevedra.

A partir do mércores e ata o próximo 20 de xaneiro queda activado a restrición de tráfico (excepto para garaxes e residentes) nos tramos de Colón, entre Areal e Marqués de Valladares; Areal, entre o cruce con rúa Pontevedra e Colón; Praza de Compostela, desde Colón a Velázquez Moreno; Rosalía de Castro, desde República Arxentina a Inés Pérez de Ceta; e Inés Pérez de Ceta, cortada en ambos os sentidos (excepto saída aparcadoiro).

Ademais, habilítanse a rúa Pontevedra en dobre sentido e a Inés Pérez de Ceta en sentido único cara a Rosalía de Castro só desde a saída do aparcamento.

O alcalde lembrou que xa comezou o luns a montaxe da caseta de Papá Noel, que estará instalada en Príncipe, e a empresa iniciará a montaxe dos xardíns de temática do Nadal que estarán ao longo da rúa Príncipe e as rúas transversais. Tamén arrincou a instalación da plataforma sobre a que se asenta a árbore de Porta do Sol e desde esta noite ponse en marcha a montaxe da gran caixa de agasallo que estará emprazada en Gran Vía con Urzáiz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce − 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.