O Parlamento Galego insta ao Concello de Vigo a que “colabore e autorice” a sinalización do Camiño Portugués ao seu paso por este municipio

O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a que se dirixa novamente ao Concello de Vigo para establecer unha canle de diálogo que permita a colaboración e autorización precisa para realizar a sinalización do Camiño Portugués da Costa neste termo municipal e así evitar prexudicar aos peregrinos que fagan o percorrido

A deputada popular Teresa Egerique lembrou que a Xunta de Galicia está traballando na sinalización do Camiño Portugués da costa, “para o que mantén unha estreita e necesaria colaboración cos concellos polos que transita esta ruta”. Deste xeito, e froito do diálogo fluído entre as administracións autonómica e local xa se actuou nos concellos de A Guarda, O Rosal, Baiona, Nigrán e Redondela.

SEN CUSTO ALGÚN PARA O CONCELLO

Porén, Egerique lamentou que “Vigo é o único concello do Camiño Portugués que está sen sinalizar como consecuencia dunha decisión puramente política”. “O alcalde vai privar á cidade de Vigo dunha ruta en condicións e permitir que os peregrinos poidan gozar da ruta coa máxima facilidade, fiabilidade e seguridade, e o único que ten que facer é deixar á Xunta colocar as monteiras por onde pasa o Camiño, porque non supón custe algún para o Concello”, indicou.

“O Xacobeo 2021 é un proxecto de toda Galicia, de toda España e, por suposto, do concello de Vigo, ante o que é necesario que todos sumemos forzas para que o Camiño de Santiago, neste caso o portugués, siga sendo un símbolo de unión e fortaleza”, manifestou a deputada popular.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.