O PP chama aos mozos da provincia a votar a Pablo Casado para reactivar o emprego e frear a regresión económica do PSOE

Elena Candia trasladou que a formación popular “é a única que ten un proxecto claro para o emprendemento e, en consecuencia, para o emprego”

 De Olano destacou que, exemplo do compromiso de Pablo Casado con esta materia, é a súa proposta de crear unha “autopista administrativa” que permita axilizar os trámites burocráticos de tal xeito que se poida crear unha empresa en tan só cinco días e criticou a ausencia de axenda do ministro socialista de Agricultura

Barreiro sinalou que, “co PP no goberno, a este país sempre lle foi ben”. E é que, dixo, “mentres un dos logros do Goberno de Rajoy foi sacar a España da crise e recuperar os datos o emprego; o logro do Goberno de Pedro Sánchez e non facer nada para que periguen os postos de traballo da pouca industria que temos en Lugo”

Francisco Conde e Nava Castro apuntaron, como dato significativo e clarificador da afirmación realizada polo cabeza de lista ao Senado que, no que vai de lexislatura, se crearon en Galicia, segundo apunta o Instituto Galego de Estatística, 1.179 empresas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.