O Presidente da @depulugo participa na XXXII Festa da Castaña do Caurel

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto á Alcaldesa do Caurel, Dolores Castro Ochoa, participou este sábado no Campo da Feira de Seoane na XXXII Festa da Castaña do Caurel. A institución provincial colabora con este evento cunha achega económica de 6.000 euros.

Tomé Roca destacou que esta cita, declarada Festa de Interese Turístico Galego no 2013, pon en valor a castaña, un dos produtos máis característicos da provincia, ao mesmo tempo que dinamizamos a economía”.

A xornada arrancou ás 12:00 horas coa demostración de cestaría e a actuación do grupo de Gaitas e Cantores do Caurel.

Posteriormente deu comezo a degustación gratuíta de castañas asadas e o pregón, que correu a cargo do chef  Iván Domínguez. Xa pola tarde, houbo actividades para o público infantil da man de Borja Insua co espectáculo de monicreques Circo Galaico. Ao longo de todo o día o evento estivo amenizado por grupos musicais e charangas. Ademais, no recinto da festa, os visitantes e veciñanza puideron desfrutar de diferentes postos de produtos locais e artesanía, obradoiros e demostracións de temática variada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.