@obloque denuncia que o goberno limite por decreto a liberdade de expresión pero incumpra os requirimentos da CE sobre seguridade ferroviaria

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denuncia a présa do goberno central por aprobar un decreto que pon límites á liberdade de expresión no ámbito dixital coa Lei mordaza, mentres non cumpre o requirimento da Comisión Europea que emana do procedemento de infracción aberto contra o Estado español sobre o incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria relacionado co accidente do Alvia. “Estamos diante dun impresionante exercicio de hipocrisía”, afirma.

“É impresentable que o goberno en funcións aprobe un decreto que limita a liberdade de expresión da cidadanía e que criticamos abertamente como unha censura mentres non pon en práctica os requirimentos da Comisión Europea en seguridade ferroviaria que lle leva pedindo a Comisión dende xaneiro de 2019”, critica a portavoz do BNG en Europa, quen lembra que despois da denuncia presentada polo BNG en 2017, a Comisión Europea iniciou en xaneiro deste ano un procedemento de infracción, ao considerar que os procedementos de seguridade ferroviaria no Estado español non cumpren a normativa europea.

Nese proceso, sinala Ana Miranda, a Comisión pídelle ao Estado Membro que implante un plan de cumprimento do control de riscos, que debe ser aprobado mediante un decreto, que debe aprobarse en Consello de Ministros, ou unha lei, que ten que tramitarse no Parlamento. “A realidade é que tras o novo requirimento enviado en outubro pola Comisión Europea ao goberno español para que cumpra as esixencias trasladadas no procedemento de infracción, o Estado español segue sen facer nada para mellorar a seguridade ferroviaria”, subliña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.