Os candidatos do @PSdeG- PSOE presentaron o programa á mocidade lucense

A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada dos candidatos ao Congreso e ao Senado, Ana Prieto e Cesar Mogo, mantiveron unha animada xuntanza organizada polas Xuventudes Socialistas, na que presentaron onte o programa electoral á mocidade lucense.

Os candidatos remarcaron que o PSOE é a única opción que permite un goberno estable e de progreso neste pais.  “Traballaremos para acadar un Plan Nacional de Fomento da Emancipación Xuvenil co fin de facilitar o acceso asequible á vivenda;  potenciaremos as vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas); impulsaremos o desenvolvemento do Plan Estratéxico de Formación Profesional para adaptada ás necesidades do mercado laboral actual”

O programa do PSOE tamén inclúe “o emprendimento e o traballo autónomo das e os mozos, con especial atención ás zonas máis despooboadas; o acceso da mocidade ás actividades agrarias e gandeiras para facilitar a substitución xeracional nas explotacións e plans especiais de emprego en zonas que conten cunha situación de baixa taxa de emprego e que sufran especialmente depoboamento”.

Especial fincapé fixeron os candidatos nas propostas relacionadas coa Educación, un piar básico de programa do PSOE. “Durante os primeiros seis meses impulsaremos unha nova Lei Básica de Educación que derrogue a LOMCE; estableceremos a universalización e a gratuidade da educación infantil para nenos e nenas menores de 3 anos; revisaremos o sistema de becas; promoveremos una FP contemporánea, e propoñemos unha ambiciosa Estratexia de Dixitalización da Educación”, por citar algun exemplo.

A folla ruta do PSOE inclúe “un novo modelo de escola rural e fortalecemento da Orientación Escolar, ademais de asegurar a igualdade de oportunidades no acceso á educación universitaria, incrementando a dotación do sistema de becas e axudas ao estudo, reducindo o efecto dos limiares de renda e asegurando unhas cuantías que permitan aos mellores estudantes estudar onde escollan.  Tamén impulsaremos un pacto pola universidade”.

“Pedro Sánchez ten que ser o vindeiro Presidente para que as mozas e mozos deste país poidan ter unha educación pública de calidade, para que os nosos maiores poidan ter unha pensión digna, para que poidamos ter unha vivenda accesible. Pero ante todo, Pedro Sanchez ten que ser Presidente do Goberno para que a xenofobia e os populismos da dereita non gobernen este país”, sinalan.

“As mozas e mozos tedes que ser os auténticos movilizadores desta campaña electoral. Agora estamos a dous pasos de rematar o bloqueo e poder ter un Goberno forte, progesista e estable. Porque o futuro deste país é imparable, por iso hai que apoiar e votar a Pedro Sánchez”, explican os candidatos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.