Rodríguez Rumbo: “Feijóo segue sen explicar por que calou cando Rajoy meteu nun caixón o proxecto de 5 fragatas para Ferrol”

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe o “silencio” de Feijóo e do goberno galego cando Rajoy e o ministro Morenés bloquearon o proxecto das fragatas F-110 para os estaleiros de Ferrol. A responsable socialista criticou a “demagoxia infinita” do PP, que hoxe levou a Comisión unha proposta para pedir un buque loxístico “como o da armada australiana”

A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “calar e non lle esixir” a Rajoy no seu momento que desbloqueara e puxera en marcha un proxecto de 4.300 millóns de euros para construír 5 fragatas que darán traballo a 7.000 persoas en Ferrol e que foi o goberno de Pedro Sánchez quen o recuperou en decembro de 2018.

Rodríguez Rumbo acusou ao PP de “poñer ao seu partido político por riba das necesidades reais de Galicia”, como evidencian logo de “non ter feito nada por Ferrol e a súa comarca nos últimos 10 anos”. Subliñou que “mentres vostedes contan contos” e queren “blanquear” á “ultradereita xenófoba e machista que quere eliminar ás comunidades autónomas e a partidos democráticos”, os gobernos do PSOE “gobernan e sacan adiante temas importantes para Galicia”.

A parlamentaria socialista respaldou “incrementar a carga de traballo” nos estaleiros de Ferrol, pero criticou a proposta do PP pedindo un buque semellante ao da armada australiana que “non está entre as prioridades da Mariña española”.

Explicou ademais que a construción requiriría dun prazo dun ano porque “sería igual tan só no casco e a infraestrutura”, cuns equipamentos específicos que “nada teñen que ver cos do pedido de Australia”, polo que os socialistas se abstiveron na votación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.