Turbillón de balonmán esta fin de semana

O Calvo Xiria xogará esta próxima fin de semana a domicilio co obxectivo de prolongar a súa serie de vitorias e por conseguinte, conseguir a terceira consecutiva. O escenario será o pavillón Pablo Herbello e o rival, o Bueu ATL. BM.

O encontro disputarase o sábado ás 19:00 entre dous conxuntos que chegan empatados a puntos na táboa clasificatoria, aínda que os budetenses cun partido menos. Por tanto, prevese un partido disputado e onde ambos os equipos pelexarán por “desprenderse” do seu rival na clasificación.

Os carballeses deberán de asentarse nunha retagarda que roce o sobresaliente e permítalles despregar a velocidade no xogo. No ataque posicional, veranse as caras dous persoais cuxo potencial radica na velocidade do balón, o ataque aos espazos e as situacións de 1×1. O que cometa menos erros forzados e acumule menos perdas de alón, terá moito gando.

1º Autonómica Feminina:

As mozas do Goldie Xiria Carballo Turismo, reciben o vindeiro sábado á SAR de Redondela no Vila De Noia. Será ás 20:00 h.

As bergantiñás parten co obxectivo de romper a serie de tres derrotas consecutivas e volver sumar dous puntos que lles manteñan preto dos postos altos. Faise indispensable a melloría no ataque posicional, onde as situacións de toma de decisión deben de ser máis claras. O conxunto bergantiñán debe de estar máis atinado á hora das finalizacións e neste sentido, as lanzadoras deben de mellorar o seu tanto por cento de acertos. De igual modo, manter unha maior regularidade ao longo dos sesenta minutos e minimizar as perdas de balón, son outros dos factores indispensables para volver á senda da vitoria.

División De Honra masculina:

Os xuvenís do Laber Xiria desprázanse o vindeiro sábado a Vigo para enfrontarse, no pavillón municipal de Coia, ao Reca Hollywood Seis Do Nadal.

O partido, que dará comezo ás 11:00 h, enfronta ao cuarto calsificado ( Laber Xiria) co conxunto olívico, que aínda non estreou a súa marcadora de puntos, co que se prevé un choque desigual. Os carballeses deberán de imprimir seriedade ao seu xogo e afrontar os sesenta minutos coa concentración e o carácter competitivo adecuados para evitar sorpresas ante un rival necesitado de puntos.

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria, viaxarán tamén o sábado a Porriño, onde lles espera un duro partido fronte ao terceiro clasificado, O BM Porriño “A”. Os de Xiria deberán de mellorar na faceta defensiva, xa que están a encaixar demasiados goles. Aumentar o nivel nesta fase do xogo será clave para conseguir vencer a un rival que só cedeu cinco puntos de dezaoito posibles. O encontro disputarase ás 11:00 h no municipal de Porriño.

Do mesmo xeito que o conxunto cadete, os infantís do Garaysa Xiria viaxan este sábado a Porriño, onde disputarán o partido correspondente á décima xornada de liga fronte ao Balonmán Porriño. Será ás 11:30 h no pavillón mpal De Porriño.

Os de Carballo lideran a clasificación e contan os seus partidos por vitorias, pero nose poden despistar #ante un rival que tan só suma catro puntos na clasificación. Afrontar o partido sen confianzas e con seriedade, son factores indispensables para aumentar o refacho vitorioso.

División De Honra feminina:
As cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria, visitan este sábado o pavillón de Ou Loureiro en Vigo para enfrontarse ao Gráficas Lasa Carballal ás 10:00 h. Trátase dun duelo desigual ente as olívicas, líderes da categoría e invictas, fronte ás de Xiria, que suman catro puntos e ocupan o décimo posto.
As bergantiñás parten co claro obxectivo de mellorar o nivel de erros e perdas de balón e aumentar os minutos nos cales son capaces de competir e demostrar un bo nivel nas diferentes facetas do xogo, todo iso independente do marcador e do rival desta xornada.
Tamén as infantís do Punta del Este Xiria terán o sábado unha cita no pavillón de Ou Loureiro fronte ao Faro De Vigo Carballal. Será ás 11:30 h, á finalización das súas compañeiras cadetes. O partido preséntase igual de diferencial que o cadete, xa que as olívicas ocupan o segundo posto da clasificación e as de Xiria o sétimo. As bergantiñás están a facer unha moi boa tempada, disputando e competendo os partidos e crecendo e mellorando no seu xogo. O obxectivo segue sendo seguir evolucionando tanto a nivel individual e colectivo e continuar asimilando os diferentes conceptos do xogo.
2ª Infantil Masculina:
O Metalúrxica BB Xiria disputará dobre xornada nesta fin de semana. O sábado ás 11:15 h, terá como rival ao CP. Lucense no pavillón Carvallo Calero de Carballo. Os de Xiria desexan superar na clasificación aos de Lugo e iso pasa por conseguir os dous puntos en partido que se prevé complicado (APRAZADO PARA O DÍA 05 DE DECEMBRO).
O Domingo, disputarase o Metalúrxica BB Xiria – Bm Línea 21 Cerv. no pavillón Ceip Fogar ás 11:15 h. Os carballeses buscarán redondear unha fin de semana importante en caso de vitoria no encontro do sábado e deste xeito dar un salto importante na clasificación.

Liga Alevín BM.7:

As nenas do Gestagua Xiria enfróntanse ao Cp Lucense co obxectivo de seguir acumulando minutos nesta nova competición para elas. Será o Sábado ás 10:00 h no pavillón Carvalho Calero (APRAZADO PARA O 5 DE DECEMBRO).

Liga Alevín BM 5:

Este sábado, tamén se disputará a xornada terceira da liga de BM5 (Grupo Norte 1) no pavillón do CEIP Fogar con estes encontros:

Bm Camariñas A – Lista Xiria (10:00h).

Bm Camariñas RMO – Bm Ribadosar Alca (10:45h).

Laber Xiria – Bm Ribadosar.es (11:30)

Club Deportivo Concello de Zas – Garaysa Xiria (12:15)

O Domingo no pavillón San Francisco Javier da Coruña, os de Xiria disputarán dous encontros correspondentes á xornada 3 de Liga Alevín BM5 (Grupo Norte 2):

Grupo Lemaco Xiria – Colegio Liceo La Paz (11:30h).

Telepizza Carballo Xiria – Investo Oar Coruña (12:15h).

Liga Benxamín BM5:

O pavillón do CEIP Fogar tamén será este sábado a instalación onde se xogue a xornada 3 de Grupo Norte 1 da categoría:

Bm Camariñas Talleres Alfogar – Óptica Auris Xiria (10:00h).

Bm Ribadosar Alca Omega – Balonman Xallas FC (10:45h).

Bm Ribadosar Alca Épsilon – Club Deportivo Concello de Zas (11:30h).

7Metros Xiria – Mr. Nutrición Xiria (12:15h).

O Domingo, xogarase no pavillón de San Francisco Javier os partidos da xornada 3 do Grupo Norte 2 da categoría e os nosos disputarán dous encontros:

Atlánticas – Aislamientos San Juan Xiria (12:15h)

Bm Brigantium – TLM Xiria (13:00h).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte + 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.