Un Estado plurinacional efectivo só será posible se En Común e Unidas Podemos están fortes nas institucións

Galicia en Común celebrou este sábado unhas conversas sobre a plurinacionalidade con Xavier Domènech, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, para abordar os principais retos territoriais do Estado.
Poder falar aquí de que a solución pasa pola asunción da plurinacionalidade por parte do Estado paréceme unha grandísima oportunidade. Do resultado de candidaturas como Galicia en Común e Unidas Podemos dependerá o destino do Estado e dunha plurinacionalidade efectiva e con garantías”, sinalou o convidado, Xavier Domènech.
Gómez-Reino sinalou que “é unha fortuna que Xavi se sume á campaña electoral e que veña falar de algo fundamental como construir o diferente, o escenario no que os diferentes pobos do Estado español, viven, conviven e constrúen convivencia”.
Pola súa banda, a candidata de Galicia en Común, Yolanda Díaz, incidiu en que o tempo “deunos a razón”. “Dixemos que era tempo de falar, de diálogo, de política con maiúsculas e sobre todo, de dar saídas democráticas a problemas democráticos”.
“A plurinacionalidade e o plurilingüismo son realidades no conxunto do Estado e pensamos que é desde aquí desde onde hai que remar”, engadiu Díaz.
Domènech lembrou que a cuestión da plurinacionalidade “é algo que colleu moita popularidade nos últimos anos en Catalunya” pero non só é isto, afecta “a todo o Estado e a lugares como Galicia”.
Ante esta situación, en política, “as cousas deben solucionarse e falarse” e “non aparcalas”.
“Houbo grandes oportunidades cando Pedro Sánchez chegou á Moncloa. Chegou cun discurso de plurinacionalidade, chegou a decir que Catalunya era unha nación, e agora está próximo ao 155. Pasaron dous anos do PSOE na Moncloa, e non chegou o diálogo. Non houbo nin relator nin diálogo”, denunciou o historiador.
O ex deputado catalán insistiu en que as solucións pasan polo recoñecemento de que estamos nun Estado plurinacional e que iso “ten consecuencias”.
“Pedro Sánchez tivo a oportunidade de abrir un diálogo sincero e aberto para solucionar un problema que se enquista, e non fixo nada. O resultado de que eso non pasase, o resultado desa irresponsabilidade de convocar eleccións a pesar de saber que sairía a sentencia do procés, son as consecuencias que vemos agora. Ante isto, podemos quedarnos en declaracións vacuas que non serven para nada, ou podemos avanzar nun diálogo sincero”, engadiu o historiador.
Díaz lembrou que “algúns” teorizaron que co 155 se arranxaba o problema de Catalunya e houbo outros como Pedro Sánchez, que dixeron que coa sentenza do procés se arranxaba o problema, e ata chegou a sacar a proposta federalista do seu programa.
“O retroceso fai, de xeito vergoñento, que no último momento o PSOE faga traizón a historia do seu partido e retire dun texto o federalismo, véndose obrigados a rectificar en 24 horas. Isto da mostra de que se está a xogar coa problemática territorial para conseguir votos noutras partes do conxunto de España e isto é dunha enorme irresponsabilidade”, denunciou Yolanda Díaz.
“A nosa proposta é clara: diálogo de xeito real, non so formal, reconciliación e solucións”, incidiron os candidatos.
Gómez-Reino insistiu en que a situación na actualidade, pola que pasan a maioría de partidos, é responder “aos envites electorais”, pero a tarefa pendente é discutir, dialogar e falar da proposta politica para o ámbito desa plurinacionalidade, e “por iso pelexaremos”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

7 + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.