Vigo monta xa a noria do Nadal, con 62 metros de altura e capacidade para 192 persoas

Abel Caballero visitou este mércores o inicio dos traballos para erixir a noria, que estará en Colón con Areal, xunto á Alameda. Nova no Nadal vigués, esta atracción terá 62 metros de altura e 48 cestas para 192 persoas, con 198.000 puntos LED e unha pantalla central de 3,5m de diámetro apta para vídeo

Segundo informou o alcalde, a noria comezará a xirar o 24 de novembro, un día despois do acendido do alumeado do Nadal vigués. Funcionará todos os días desde as 11h e pechará ás 00h de luns a xoves, ás 01h os domingos e festivos, e ás 02h os venres, sábados e vésperas de festivo.

En relación ao Nadal da cidade, Abel Caballero destacou que a revista de viaxes Traveler abre con Vigo a súa reportaxe “Lugares de España que se converten nun auténtico ‘Conto de Nadal’”, que inclúe unha decena de pobos e cidades. Entre outras cuestións, a publicación cita o “espectáculo” do alumeado e define o Nadal vigués de “luminoso e multicolor, resplandecente”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce + 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.