@Vilalbaaberta levará as súas asembleas ás 29 Parroquias do Concello

Vilalba Aberta ven de dar un paso máis na súa aposta pola participación da xente na vida municipal. Logo de dobrar a súa representación nas pasadas eleccións municipais cun programa e cunha candidatura elaborados de xeito participativo, a formación asemblearia anunciou hoxe a posta en marcha da “Rede de Parroquias”. Unha estratexia que pretende trasladar a súa dinámica de asembleas abertas ás diferentes parroquias e barrios do Concello, co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades e incorporalas á axenda política da corporación.

“Dende Vilalba Aberta queremos dar resposta ao que tantos veciños das parroquias nos dixeron semanas antes da celebración das Eleccións Municipais: As reunións nas parroquias, durante os catro anos e non só en campaña electoral”, apuntaba esta mañá o voceiro da formación, Modesto Renda.

Unha visión, compartida pola súa compañeira e nova concelleira de Vilalba Aberta, María Xosé Fernández, quen contextualizou a iniciativa na necesidade de cumprir co compromiso adquirido coa veciñanza nas diferentes xuntanzas nas parroquias na campaña das Municipais.  “A iso nos comprometemos e iso será o que faremos: Levar as nosas asembleas ás 29 parroquias do Concello de Vilalba.”

Dende a formación anunciouse ademais a que será a primeira cita desta “Rede de Parroquias”, fixada xa para este mércores día 6, ás 21.15h, na Escola Habanera de Santaballa, e á que se lle irán sumando cunha periodicidade mensual as destinadas ás restantes parroquias de Vilalba.

“Estamos a falar de encontros abertos, aos que calquera persoa pode achegarse para trasladar as súas consultas e demandas. Ademais, e como é lóxico, contarán coa presenza dos concelleiros do Grupo Municipal e dos integrantes do Grupo de Coordinación de Vilalba Aberta.” Lembrou a este respecto Renda.

É por isto que animan á veciñanza das parroquias a participar, non sen antes trasladar o seu “profundo agradecemento” á directiva da Liga Santaballesa e da Asoc. Agarimo, así coma ás das restantes AAVV das Parroquias confirmadas, por “permitiren facer posibles uns encontros, a celebrar sempre nos diferentes locais sociais das asociacións.”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.