Xira demo 2019 “Os Bar Ban Sonicos” no @PelirrojaMerchi

Este sábado 9 de novembro ás 22h no Pelirroja Merchi (Plaza Gral. Millán Astray, 3,) desenvolverase a actuación de “Os Bar Ban Sónicos” dentro da súa xira [Demo 2019] na que están a presentar a que é a súa primeira gravación e ofrecendo un contundente directo de garaxe punk.

Os Bar Ban Sónicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal, A Barbanza, con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth no baixo e coros e Abel Cores na batería.  Nos seus inicios o seu repertorio estaba formado por clásicos do garaxe dos `60 e o punk rock.

Concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo a ao onanismo instrumental.  Pouco a pouco foron compoñendo cancións propias na que mesturan esas dúas escenas musicais irmáns e nas que o uso do noso idioma propio é sinal de identidade. Ao mesmo tempo adaptan ao galego algúns dos temas clásicos que formaban parte do seu primeiro repertorio.

Após actuar en festivais e locais da comarca da Barbanza e asentar un repertorio xa suficientemente amplo, pasan polos estudo ALU de Rianxo para gravar catro dos seus temas propios: “Ven con nós”, “Trece anos”, “Xa non pode parar” e “Sentirme ben”,  na que é a súa primeira maqueta: [Demo 2019] e pechan diversos concertos para os meses de outubro, novembro e decembro deste 2019 nunha xira coa que pretenden dar a coñecer esta súa primeira gravación por toda Galiza. Así xa pasaron por Ribeira e Ferrol, Compostela e Boiro e posteriormente presentaran a gravación en directo en Ourense, Moaña, Melide, Carballo….e a espera de pechar máis datas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece − cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.