A área de Cultura organiza visitas guiadas ao centro da cidade pola ponte de decembro

Realizaranse dúas visitas diarias, entre o 6 e o 9 de decembro. Estarán limitadas a 25 persoas, e precisarase de inscrición na Oficina de Turismo

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no día de hoxe o novo programa de visitas guiadas que dende a área nacionalista se organizan cara a ponte de decembro para facilitar o coñecemento dos museos, os monumentos e os lugares máis emblemáticos do centro da cidade, ademais de difundir a historia.

Dúas visitas diarias terán lugar entre o 6 e o 9 de decembro, ás 12:30 e ás 17 horas, que serán realizadas por guías oficiais de turismo. Terán unha duración aproximada de 90 minutos e realizarán un percorrido polo casco histórico, saíndo dende a praza do Campo, continuando pola Casa dos Mosaicos e pola praza Maior, onde se visitará o concello. Continuará cunha visita a ventá arqueolóxica da piscina de Santa María e subirá á Muralla pola porta de Santiago, rematando na Catedral.

Cada visita está limitada a un máximo de 25 persoas, que se deberán inscribir previamente na Oficina de Turismo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 + 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.