@ArboConcello. Presenta o “Nadal máis cultural”

Con motivo dá celebración destas datas tan destacadas, o  Concello de Arbo ten programadas unha serie de actividades, enmarcadas dentro do plan “Nadal Cultural2019-2020”, que se desenvolverán durante o mes de Decembro e principios de Xaneiro, para o goce de toda a familia.  Desde música e concertos  da Coral  Polifónica de Arbo,  Banda de Música de Arbo,  a A.C Barca de Loimil e A.C Vella Barca,  ata teatro da man da “Asociación Evaristo de  Sela”. Tamén haberá actividades de concienciación e aprendizaxe enfocadas a mellorar os nosos hábitos alimenticios e sobre a seguridade do comercio  online. E, por suposto, actividades máis típicas destas datas do Nadal coroadas por unha Gran Cabalgata de Reis que percorrerá Arbo dende o cuartel da Garda Civil ata a Praza do  Concello ou unha gran área de xogos con inchables no pavillón municipal. Para que os máis pequenos estean entretidos durante estas datas haberá un Campamento de Nadal no colexio desde o 23 de Decembro ata o día 7 de Xaneiro, en horario de 8.30 a 14 horas.

Este ano como novidade e para Celebrar por todo o grande esta data tan entrañable e máxica  o Concello de Arbo organiza o día 30 de decembro  na praza do concello unha gran festa por todo o alto “BENVIDA DO NADAL EN ARBO”, con castañas, chourizos, inchables gratuitos e música para os máis pequeños, coa actuación da charanga Noroeste e  para rematar o encendido das luces de Nadal.  E para rematar estas datas unha Gran Cabalgata de Reis, a que cada ano se achegan máis e máis cativos e visitantes.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destaca que a posta en marcha de programas como o “Nadal Cultural” favorecen a participación e o compromiso de todos os habitantes de Arbo coa vila, nestas datas de amor, paz, unión e  fraternización. Ademais tamén supón unha oportunidade única para que visitantes de arredores visiten Arbo e participen nas nosas interesantes actividades culturais e lúdicas. Así como para que os maiores gocen dos nosos suculentos pratos e brinden cos nosos viños máis selectos. O rexidor manifesta que con esta programación preténdese poñer en valor os distintos grupos culturais que desenvolven a súa magnífica labor neste concello, continuando coa firme aposta polo revitalizamento destas asociacións que forman parte esencial do noso tecido social, convertendo a numerosa e variada actividade cultural arbense nun atractivo máis que incentiva a visita e o desfrute desta vila.  A iluminación navideña estase convertendo, ademais nun atractivo turístico para os visitantes e turistas, o que supón que un bo e fermoso alumeado de Nadal pode atraer máis persoas a Arbo. Tendo en conta que o Concello de Arbo de por si xa conta cun atractivo único, os adornos serven para resaltar esta beleza, remata dicindo o alcalde.

PUBICIDADE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 + 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.