@balonmanxiria. @ARTAICB. El próximo viernes se celebra el IV Memorial Loli Varela

Por cuarto ano consecutivovamos a celebrar o merecido homenaxe e recoñecemento a Loli Varela, unha das figuras máis destacadas do mundo asociativo e deportivo do concello, impulsora de moitas das actividades deportivas que se realizan no noso concello e nas que ela tivo unha parte moi destacada.

A súa labor na sección de balonmán de  Xiria, no Club Baloncesto Artai, na creación de Un Paso Máis son só algunhas das iniciativas nas que formou parte pero quedan pequeñas para falar da súa valía humana. Tamén lembraremos a fígura de Fidel Nión, a súa parella, impulsor das dúas primeiras edicións do Memorial, e falecido no ano 2018

Data

O día escollido para a celebración do Memorial será o venres 6 de decembro, como nas edicións anteriores. Comentar que nesta edición, o Memorial forma parte do calendario de actividades da Federación Galega de Baloncesto para o ano 2019 e consta polo tanto co recoñecemento do ente federativo.

Lugar

O pavillón onde terá lugar o Memorial será o pavillón da Zona Escolar dende as 10:00 horas ata o remate do Memorial, sobre ás 20:30 horas.

Horario do Memorial

Serán cinco os partidos que se disputará na xornada, tres de baloncesto e dous de balonmán:

  • 10:00 horas-BALONCESTO-Cadete femenino: Xestoría Queijo EBX Artai- ACB Costa da Morte
  • 12:00 horas-BALONCESTO-Infantil femenino: Turismo Carballo Artai EBX-CB Arteixo Duacode
  • 16:00 horas-BALONCESTO-Junior femenino: Seguros Sueiro Artai EBX-Ex xogadoras de Artai e Xiria
  • 17:30 horas- Entrega de agasallos e trofeos por parte das entidades organizadoras e colaboradoras a familiares de Loli Varela e Fidel Nión.
  • 18:00 horas-BALONMÁN-Goldie Xiria Turismo Carballo (senior)-Hierros Varela Urbieta (cadetes segundo ano)

19:00 horas-BALONMÁN-Punta del Este (infantil femenino)-Hierros Varela Urbieta (cadetes de primeiro ano)

Organización

Carballo Deporte, Concello de Carballo, Centro Plurilingüe Artai e Club Baloncesto Artai

Colaboración

Gadis, Federación Galega de Baloncesto, Escola Basket Xiria,  Escolas de Balonmán Xiria, Un Paso Máis, ACB Costa da Morte, CB Arteixo, Deputación da Coruña, Deporte Galego e  Conservas Calvo

Presentación

O acto de presentación terá lugar o mércores 4 de decembro ás 12:30 horas no Concello de Carballo. Na presentación estarán presentes, entre outros, Evencio Ferrero ,alcalde do Concello de Carballo, Marcos Trigo, concelleiro de  Cultura e Deportes, Macarena Mato, directora do Centro Plurilingüe Artai, César García de Seárez, representante de Gadis, Joaquín Moreira, presidente do CB Artai, Manolo Cantelar, presidente de Un Paso Máis, Arturo Ferraces, director deportivo de Carballo Básquet, Fran Lozano, directivo de CB Arteixo, Jessica Pose, xogadora de Goldie Xiria  e José Antonio Rodríguez, directivo de Balonmán Xiria.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.