En Marea leva á Valedora a supresión do paritorio de Verín

En Marea levará diante da Valedora do Pobo a situación do Hospital de Verín e o peche do paritorio e do servizo de urxencias pediátricas feito efectivo pola Xunta neste comezo de mes. O voceiro de En Marea entrevistarase o día 3 de decembro, martes, coa Valedora do pobo, a partir das 13:30h para defender os servizos de Verín e da súa comarca e contra a supresión dos mesmos, unha supresión que, en palabras do voceiro de En Marea, Luís Villares, “supón un maltrato institucional dos dereitos sanitarios das mulleres e da cidadanía do interior”. Villares acudiu esta tarde a Verín a respaldar as mobilizacións da cidadanía da comarca e a respaldar o peche dos profesionais no hospital.

En Marea manifestou o seu apoio o peche do persoal do Hospital de Verín;  e como sinalou a deputada Paula Vázquez Verao, queremos enviar “toda a forza para a cidadanía e persoal que están defendendo o mantemento do Hospital Comarcal con todos os servizos e non retroceder en 20 anos en prestacións sanitarias na comarca”. Ademais Villares apuntou que a falta de diálogo, a precipitación en tomar a decisión e a desfachatez en executa “obriga a pedir a dimisión do responsable da EOXI de Ourense-Verín-Barco e, por extensión do conselleiro de Sanidade”.

Desde En Marea, ademais de respaldar as mobilizacións desenvolverase unha ofensiva parlamentaria para defender os dereitos da cidadanía da comarca de Monterrei. Estas iniciativasx que se levarán á cámara galega durante esta semana inclúen a “revogación da decisión do peche da unidade de partos e, consecuentemente, tamén a reposición do servizo íntegro de pediatría en Verín”.

Para En Marea “a cidadanía non pode pagar as consecuencias dunha xestión sanitaria que non ten en conta a realidade dispersa do País; se chegase a haber poucos partos en Verín, a solución é reorganizar o servizo en toda a EOXI, non o desprazamento das mulleres 70 ou 100 km para dar a luz”, segundo explicaron tanto Paula V. Verao como Luís Villares. Neste sentido, En Marea proporá unha reorganización completa da EOXI de Ourense de maneira que se atendas todos os servizos e se busque deixar as necesidades da cidadanía cuberta e non conseguir aforros miserables nos orzamentos”

Luís Villares tamén preguntará ao presidente da Xunta por qué recorta os servizos en Verín aludindo a necesidades orzamentarias mentres “perdoa” en impostos aos ricos cantidades moi superiores das que suporía manter estes servizos. O voceiro de En Marea preguntará ao presidente da Xunta cales son os criterios de estes recortes e por que a Xunta non queres manter uns servizos imprescinsibles para manter os dereitos sanitarios e evitar situacións de risco para a saúde das mulleres.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − diecinueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.