Mesa redonda “A Muralla de Lugo: patrimonio e turismo”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, invitou aos lucenses a sumarse á celebración do aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A programación prevista para o día de hoxe –luns 2 de decembro– inclúe a organización da mesa redonda ‘A Muralla: Patrimonio e Turismo’ para abordar o impacto que tivo a declaración pola Unesco no atractivo turístico do monumento e da propia cidade, e como axudou a nova situación a incrementar o coñecemento da capital lucense no exterior.

A cita será ás 19 horas no salón de actos da Delegación da Xunta en Lugo (Ronda da Muralla, 70)  e nela intervirán como relatores Mario Crecente, arquitecto, consultor turístico e profesor; Tito Concheiro, arqueólogo e divulgador cultural, e os xornalistas Paco Nieto e Paco Rivera. Estará moderada polo xornalista José Luís Ramudo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.