O Calvo Xiria gaña e xa é cuarto

Nunha das pistas, onde o Calvo Xiria sempre lle resulta difícil puntuar, como é a de Bueu, o equipo realizou un excelente traballo ao longo dos 60 minutos, mantendo o ritmo defensivo e coa súa particular rapidez nos contraataques consolidou unha vitoria que o sitúa cuarto na clasificación

Bo ambiente no pavillón Pablo Hervello, para animar aos seus, e tamén puidemos ver a un pequeno número de afeccionados de Carballo, que sempre acompañan ao equipo. O Calvo Xiria mentalizado desde o asubío inicial, empezou a sacar vantaxe aos poucos no marcador, Edu Cousillas co seu esforzo no avanzado tivo a súa recompensa en forma de goles ao contraataque. O equipo consolidou a vantaxe cos cambios e as transicións en segunda onda da primeira liña. Así ao descanso chegouse con 10 a 18.

Tras o paso por vestiarios, os locais, cambiaban ao seu porteiro buscando un revulsivo que os metese de novo no partido. O Calvo Xiria, conseguiu boas situacións de lanzamento que non acabaron en gol, só anotaron un nos primeiros 10 minutos; pero grazas a que mantivo o nivel defensivo da primeira parte, a distancia reduciuse ata os 4 goles. Os últimos 20 minutos de encontro, os de Xiria, cunha intensidade elevada conseguiron os goles necesarios e fixéronse co mando do partido; establecendo a máxima vantaxe de 10 goles que se mantería ata o final.

Ficha Técnica:

Bueu Atlético Bm (10+12): David Iglesias, Javier Torres, Diego Lluque (2), Roque Arias (2), Carlos Martínez (3), Brais López (4), José López (5), Andrés Bacelar (1), Carlos Meira, Sergio Piñeiro, Samuel Couso, Igor Koustov, Eloy Malvido (2), Martín Iglesias, Manuel Cruz (3).

Calvo Xiria (18+14): Iago [p], Antonio [p], Juan Carlos Rodríguez (2), Cristian Canosa (3), Manu Méndez (4), Edu Cousillas (10), Julián, Adrián Losón (2), Brais Puñal (2), Fran Rey, Chimpo Rodríguez (5), Alejandro Gómez, Daniel Mallo, Gabriel Castiñeiras (4).

Maracdor cada 5 minutos: 1-3, 3-6, 4-8, 5-11, 7-15, 10-18, (descanso); 10-18, 14-19, 17-21, 18-25, 20-30. 22-32.

Árbitros: Alba Curras e Elena Rivas.

Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Pablo Hervello de Bueu ante uns 200 afeccionados.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.