O Centro Xeográfico de Galicia se sitúa no concello de Antas de Ulla

Celebrouse unha rolda de prensa convocada polo  Instituto de Estudos Ulloáns, unha entidade cultural que desenvolve a súa actividade na comarca da Ulloa. Na mesma estiveron Francisco Pardo Teijeiro director/presidente do IEU, acompañado do vicepresidente Jesús Otero Calvo e as directivas do IEU Hilda García Cabanas e María José Gómez Alvite.

Un dos obxectivos do IEU é localizar e promocionar o Centro Xeográfico de Galicia, que se sitúa dende hai anos no concello de Antas de Ulla, se ben con informacións contraditorias.

O IEU levou a cabo as xestións para que se determinase científica e definitivamente a localización exacta do centro xeográfico de Galicia, para o que recorreu ao Instituto Geográfico Nacional, institución dependente do Ministerio de Fomento, que como saben é a máxima autoridade española na materia.

O IGN xa fixera outras medicións hai anos, o mesmo que os xeógrafos da USC, todas elas localizaban o Centro Xeográfico de Galicia na contorna da aldea de Nugallás, parroquia de San Fiz de Amarante en Antas de Ulla, pero non se daba unha localización exacta e definitiva.

E por vez primeira, a instancia do Instituto de Estudos Ulloáns, o Instituto Geográfico Nacional de España emitiu un informe oficial asinado por Pablo Carballo Cruz, director do Servicio Regional, detallando a localización exacta do Centro Xeográfico de Galicia dando definitivamente as súas coordenadas xeográficas ETRS89:

7º 54´ 38,99´´ W

42º 45´ 25,15´´ N

Utilizando a descricións cartográficas dispoñibles no Rexistro Central de Cartografía calculouse o centro de gravidade ou centro xeográfico de Galicia utilizando o algoritmo centroide de PostGIS, ( é un software que convirte as bases de datos obxecto-relacionais en sistemas de información xeográfica).

Membros do Instituito de Estudos Ulloáns sinalizando por vez primeira vez o Centro Xeografíco de Galicia

Remata Pablo Carballo o informe oficial dicindo que “o estudo e o calculo leváronse a cabo contando cos datos oficiais máis fiables e precisos e comprobando o resultado co software SIG máis avanzado”.

Con este informe oficial e definitivo damos por tanto por pechados os debates sobre a situación do Centro Xeográfico de Galicia. Todos eles de carácter científico e alleos por outra parte aos slogan publicitarios que poden levar ao público a confusións como son o slogan “Corazón de Galicia” creado polo banqueiro Alejandro de Soto e rexistrado polo concello de Chantada na Oficina de Patentes de Madrid , ou o slogan “Km O” creado polo escritor Armando Vázquez en lembranza ao célebre Matemático Rodríguez e que foi rexistrado polo concello de Lalín.

foto cova rey cintolo

Un obxectivo do noso Instituto é, como dixemos a localización do Centro Xeográfico de Galicia, como xa fixemos, e a súa promoción, para o que iniciaremos campañas de divulgación, especialmente no ámbito educativo.

Pero son as administracións local, provincial e autonómica as responsables dunha intervención na zona, para o que non se require grandes investimentos senón boas intencións. E por suposto os nosos especialistas están a disposición das administracións como asesores xa que o Centro Xeográfico de Galicia está situado nunha parcela particular nunha zona de gran valor natural e paisaxístico. Nos poñemos a disposicións das administracións para deseñar un lugar de referencia, de encontro para todos os galegos.

Comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.