O Grupo Común da Esquerda defende o paritorio de Verín

“Non se pode estar todos os días dicindo que temos un problema demográfico e que estamos na lexislatura do rural, ao tempo que se desmantelan os servizos públicos”, criticou Chao. A voceira remarcou que “a mensaxe é clara: servizos públicos de calidade en todo o país. Por suposto, isto pasa tamén por un servizo sanitario de calidade e de proximidade como o que había ata agora”.
Ademais, Paula Quinteiro, denunciou que “é unha vergoña que o PP pretenda que as mulleres teñan que ir parir a moitos quilómetros da súa casa. É inaceptable que quiten tamén o servizo de urxencias de pediatría, facendo que as nenas e nenos teñan que ser atendidos por un médico de cabeceira ou teñan que desprazarse ata Ourense”.
Quinteiro engadiu que “é inadmisible que se cuestionase publicamente a profesionalidade das traballadoras deste hospital. Teñen que rectficar e pedir desculpas”. Deste xeito, referiuse á posibilidade de que o conselleiro de Sanidade reciba as traballadoras manifestando que “agardamos que a resposta sexa clara, que recoñeza que se equivocaron e dea marcha atrás nesta decisión”.