A Biblioteca Municipal de Tui recibe unha doazón de 105 libros de divulgación científica

Trátase dunha colección editada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas

A Biblioteca Pública Municipal de Tui vén de recibir a colección de divulgación científica “Que sabemos de…”, que edita o Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC. Está integrada por 105 volumes de variada temática que ofrecen unha aproximación aos temas claves da investigación científica actual con textos realizados por investigadores do propio CSIC.  Esta colección que pretende achegar a un público amplo o estado actual dos coñecementos sobre temas de actualidade científica a través de textos breves e asequibles.

Esta doazón é unha iniciativa do secretario xeral do CSIC, o tudense Alberto Sereno Álvarez, que visitou hai uns días a Biblioteca Municipal para facer entrega desta colección que, nas súas palabras, “ensina e entretén” e que agarda anime a algún membro da mocidade tudense a converterse en científico.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, ten expresado a súa gratitude ao secretario xeral do CSIC por esta xenerosa doazón que enriquece os fondos bibliográficos deste centro bibliotecario.

Na actualidade esta colección está no proceso técnico de catalogación para que no tempo máis breve posible estea a disposición de todos os usuarios da Biblioteca Pública Municipal de Tui.

Os temas que aborda a colección son do máis variado dende enfermidades coma o cancro, o Alzheimer, o Parkinson ou a celiaquía, a outras cuestións coma a bioloxía cuántica, a locomoción, as xeometrías, a gravidade, os biomateriais, a cultura escrita, a vida no universo ou o  bosón de Higgs.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 − nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.