Lugo KM 100 porá á cidade no mapa de Fitur

O Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, reuniuse coa veciñanza da Tinería para presentar a campaña Lugo Km 100 que a área de Cultura presentará en Fitur. Con Lugo Km 100, a área de Cultura pretende converter a Lugo nun atractivo turístico de primeira orde dentro do denominado turismo de interior, convertendo a Lugo nun punto de inicio para aquelas persoas que desexen realizar o camiño escapando da masificación do camiño Francés ou como punto de inicio dunha nova ruta.

A área de Cultura está a traballar en poñer en valor e mellorar as infraestruturas e a estética do camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, mellorando entre outras cousas, a sinalización do camiño, ao mesmo tempo que traballa para que dentro da programación cultural se realicen actividades para a promoción do camiño Primitivo. Rubén Arroxo recolleu tamén as solicitudes que as integrantes da asociación tiveron en materia de Mobilidade e Infraestruturas.

A Asociación de Empresarios da Tinería Itíneris, está integrada por 14 membros, con negocios dedicados á hostalaría, produción, restauración, artesanía, cátering e eventos, telefonía móbil, téxtil e hoteis, o que a converte no colectivo con maior representación das asociacións que conviven no emblemático barrio lucense.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.