Novas obras de humanización no Concello de Marín

O Concello de Marín anunciou esta mañá unha nova obra de humanización, que consistirá na renovación do pavimento nos Camiños dos Sapos e de Coteiros. Este proxecto forma parte da aposta polo Goberno local de mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria dos veciños no termo municipal, facilitando a convivencia e o goce do espazo público.

Estes dous camiños pertencen á parroquia de Santa María do Porto e verán renovado integramente o seu pavimento e a súa sinalización. A lonxitude aproximada do tramo a renovar é de 242 metros, aos que se deben sumar outros 44 metros dun ramal secundario que tamén será obxecto de renovación.

A actuación está motivada polo mal estado no que se atopa na actualidade o pavimento de ambos camiños, debido ao uso, ao paso do tempo e aos efectos derivados dos fenómenos meteorolóxicos.

Por tanto, tal e como se pode ler na memoria do proxecto, non se verá afectado o actual espazo adicado ao estacionamento. Simplemente, procederase a renovar a sinalización horizontal das prazas existentes, complementándoa con novos elementos de sinalización vertical.

O presuposto base de licitación será, con IVE incluído, de 39.786,80 euros. O Concello informou de que solicitará unha subvención á Consellería de Infraestruturas para poder asumir esta inversión,  que consideran de relevancia para este punto da vila.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 − 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.