A UDC nomea Doutor Honoris Causa a John Worrall

A Universidade da Coruña vén de aprobar o nomeamento como Doutor Honoris Causa do catedrático da London School of Economics John Worrall, do departamento de Filosofía, Lóxica e Método Científico, que tivo entre os seus membros a filósofos da Ciencia tan relevantes como Karl Popper e Imre Lakatos, que foron profesores de Worrall.

O líder da corrente filosófica do “realismo estrututal” é un autor moi influente en Filosofía da Medicina, foi presidente da Sociedade británica da Filosofía da Ciencia e editor do British Journal for Philosophy of Science, a revista máis prestixiosa de Filosofía da Ciencia a nivel internacional.  Worrell integrarase na listaxe de Honra da UDC o vindeiro 11 de marzo no Campus de Ferrol co número 28, logo de que en setembro do pasado ano fose investida Honoris Causa a enfermeira Denise Gastaldo.

Ao día seguinte do seu nomeamento, John Worrell abrirá a XXV edición das Xornadas sobre Filosofía da Ciencia, organizadas polo Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía da Universidade da Coruña co apoio da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia de España.

 As xornadas, que terán lugar os días 12 e 13 de marzo no Campus de Ferrol, farán da Universidade da Coruña a capital internacional da Filosofía da Ciencia polo máximo nivel dos conferenciantes que asistirán para celebrar o 25 aniversario deste congreso internacional da máis alta calidade académica. “A Filosofía da Ciencia hoxe: sete perspectivas” é o tema de traballo destas xornadas pola relevancia das intervencións e a variedade temática dos conferenciantes. Ademais de John Worral, estarán Philip Kitcher, Columbia University, Donald Gillies, University College London, Thomas Nickles, University of Nevada at Reno, Maria Carla Galavotti, University of Bologna, Theo Kuipers, University of Groningen e Roman Frigg, London School of Economics. Convén resaltar, explica o organizador das xornadas o profesor Wenceslao J. González, que “John Worral abriu toda unha rama de investigación dentro da profesión co realismo estrutural e Philip Kitcher é un pensador clave para entender as relacións entre a ciencia e a sociedade”.

Comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce − diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.