Ciudadanos denuncia a ausencia dun Plan de conciliación para os traballadores municipais

O concelleiro de Cs Juan Vidal censurou que o Goberno local poña en marcha o sistema de control horario sen que exista un regulamento que facilite a conciliación dos traballadores municipais

O concelleiro de Cidadáns Juan Vidal criticou esta mañá con dureza a improvisación do Goberno local en materia de persoal. Vidal censurou que o executivo local non poña en marcha medias que favorezan a conciliación dos traballadores municipais e insta a Lara Méndez a impulsar de xeito urxente un Plan de conciliación. «É necesario regular a flexibilidade horaria. Necesitamos un Plan de conciliación. Non comprendemos como un goberno que se enche a boca falando de dereitos laborais mira para outro lado á hora de regular un dereito básico en materia laboral do século XXI e regulado a través dunha resolución do Ministerio de Traballo publicada no BOE o 1 de marzo de 2019», afirmou o concelleiro da formación laranxa.

«Debemos impulsar un documento que se inspire nesta resolución que, entre outros aspectos establece que os empregados públicos da AGE poderán realizar a súa xornada de traballo nunha parte fixa e noutra flexible. A fixa será de 9.00 a 14 horas e o resto, ata completar as horas semanais, realizarase en horario flexible», sinalou Vidal quen adiantou que o grupo municipal de Ciudadanos elevará esta petición ao Goberno formalmente.

«Implementar medidas que favorezan a conciliación é unha obriga moral das administracións, o Goberno local de Lugo non pode mirar para outro lado neste asunto. Débese utilizar o control horario como instrumento para facilitar a conciliación e non únicamente como ferramenta supervisora. Trátase dunha nova improvisación do executivo local motivado polo atraso en poñer en marcha esta demandada medida. Primeiro débese regular todos os aspectos relacionados co sistema de control horario e despois poñelo en marcha e non ao revés como sucedeu neste caso.

Aposta por unha bolsa de horas

Vidal apostou por crear unha bolsa de horas para facilita a conciliación. «Entendemos que esta medida debe ir acompañada dunha bolsa de horas de libre disposición, de ata un 5% da xornada anual para o coidado e atención de persoas maiores, persoas con discapacidade, fillos menores e menores suxeitos a tutela ou acollemento», proseguiu. Esta bolsa esgotaríase unha vez consumido o número de horas solicitado, sen que o feito de habelas recuperado supoña a nova apertura da bolsa no ano en curso. «Trátase dunha iniciativa contemplada en boa parte dos concellos de España e acorde cunha sociedade humanizada conectada coa realidade social das persoas traballadoras», concluíu.

Comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.