Tirando da Lingua. As exhumacións son para o verán. Por @DulceCorcu

Coma na obra de teatro de Fernando Fernán Gómez e posterior película de Jaime Chávarri, “As bicicletas son para o verán”, o raparigo Luisito que anhela unha bici , ve frustrados os seus desexos polo inminente estoupido da Gierra Civil, e polo tanto, condeado a agardar non se sabe ata cando. Algo así viviron os españois todos estes anos, dende que no ano 1975 morría o ditador Francisco Franco e fose enterrado no mausoleo do Val dos Caídos, que el mesmo mandou construír para maior gloria do franquismo e onde renderlle honras unha vez desaparecido. E así foi ata hoxe, sen que a ningún goberno se lle alterase o pulso nin despois de aprobada a Lei de Memoria Histórica que conmina a facer desaparecer todo símbolo que engrandeza e lembre a ditadura.

Leer más

A xauría humana. Por DulceCorcu

Na impresionante película de Arthur Penn, protagonizada por Robert Redford no papel do fuxido e de Marlon Brando no de sheriff xusto e cabal, retrátase unha sociedade degradada, embrutecida, sen empatía algunha por vítimas das que nunca se apiadan pero utilizan para diversión propia, para alimentar egos e autoestimas incapaces de florecer noutras circunstancias por falta de recursos básicos. Xente apenas humana. Animais no máis primitivo do seu ser e accións. Fóra dos cines e tantas décadas despois, España vive tamén esa degradación en parte da súa poboación e que constatamos en aqueles “a por eles, oé, oé, oé” cando a cidadanía catalana ía ser tomada pola Policía despois do referéndum do 1O. Incapaces de poñerse na pel do outro, sen máis afán que a revancha e a caza ao diferente, como tamén aconteceu coa presunta asasina do neno Gabriel Cruz, estranxeira e negra coma delictos engadidos. A xauría humana non descansa e, ademais, cobra todo o protagonismo cando despregan o machismo e o desleixo polos sentimentos alleos, incapaces de valorar que unha muller lles diga “non”, nin de cuestionar que a súa diversión por forza non signifique un premio para quen ten a honra de compartila con eles. Aínda que sexa drogada, inconsciente ou arrinconada nun calexón entre catro ou cinco, que pese a todo nunca suporá intimidación en sentenza xudicial ningunha.

Leer más

Royals Made In Usa. Por @DulceCorcu

O actual presidente de Estados Unidos, Donald Trump, quizais tivese algún problema para entender que esa xente que o visitaba dende España eran reises pero non mandaban nada. Que non tiñan que bregarse en Twitter para gañar unhas eleccións nin podían nomear cargos nin quitalos cando lle levasen a contraria. Seguramente pensou que vaia choio de parvos, pero o que non sabe é que para parvos os españois, que non se poden permitir botalo dentro de catro anos coma lle pasará a el. Ou non, pero polo menos alí terán a ilusión de poder facelo…que soñar non custa nada.

Leer más

Hamlet á galega. Por @DulceCorcu

Ser príncipe non está ao alcance de todos os mortais, require cuota de sangue azul ou pertencer a estirpes que van designando os seus herdeiros en cónclaves a porta pechada onde non hai segredo ningún, pero algo de misterio hai que darlle o conto. Nesa principesca tesitura quizais se vexa en breve o noso presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, despois do precipitado desaloxo do seu mentor Mariano Rajoy de Moncloa, e dar por finiquitada a súa andaina coma candidato presidenciable, polo que urxe un líder para pilotar, endereitar e rexenerar a nave do PP. Claro que para iso vai facer falla algo máis que a experiencia duns paseos en lancha surcando a Ría con aqueles vellos amigos coma Marcial Dorado. 

Leer más

1 2