Unha esperada mostra de liderado e xestión fronte á posverdade e o relato. Por Elena Candia

Elena Candia

Presidenta provincial do PP Lugo

O norteamericano J.F. Kennedy fixo moi popular o aviso de que é posible enganar a todos durante algún tempo, a algúns durante todo o tempo, pero non se pode enganar a todos todo o tempo. Na política española hai moitos representantes institucionais que aínda non entenderon o que quería dicir J.F.K. É evidente que non o entenden nin Pedro Sánchez nin o seu delegado en Galicia, Gonzalo Caballero. Políticos así teñen cansa, moi cansa á sociedade. Por iso, cando os cidadáns escoitan unha mensaxe que responde á verdade, que fala da realidade constatable día a día, que expón proxectos de goberno solventes, senten como un aire fresco que lles devolve a confianza na política. Foi o caso do discurso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no recente debate do estado da Autonomía. Feijoo deixou na súa intervención a marca dos grandes líderes, dos que coñecen o seu territorio e a súa poboación, os que identifican os problemas e deseñan solucións mirando cara ao futuro. En síntese, un líder que fai o que fan os verdadeiros líderes políticos: dicir á verdade e xestionar á realidade. Leer más