A Reserva da Biosfera de Allariz será a capital do sendeirismo galego en outubro

Hoxe presentábase aos medios de comunicación o 1º Festival de Sendeirismo Área de Allariz que se celebrará na fin de semana do 25, 26 e 27 de outubro na contorna dos concellos de Vilar de Santos e Allariz, en pleno espazo declarado como Reserva da Biosfera. Os máximos representantes de ambos municipios comparecían na mañá para dar a coñecer unha iniciativa coa que pretenden “ofertar unha actividade de ocio saudable que permita ao tempo dar a coñecer os nosos recursos patrimoniais”, en palabras de Cristina Cid, alcaldesa do Concello de Allariz. Leer más

1 2 3 11