Pontevedra. O campus da Xunqueira impulsa unha ruta para pór en valor a súa riqueza arbórea

EDUARDO MUÑIZ  DUVI PONTEVEDRA 

Un percorrido de dous quilómetros polo campus da Xunqueira que a través dunha base de datos en Google Maps, permite ir identificando e coñecendo as características, das 362 árbores presentes nas diferentes parcelas do campus da Xunqueira. Isto é o que propón a ruta do arboreto do campus, unha iniciativa desenvolvida ao abeiro do proxecto Green Campus que este xoves celebrou a súa presentación. Dous paneis informativos, situados no inicio da ruta, a carón da Escola de Enxeñaría Forestal, e no inicio da parcela que conecta o campus coa rúa Celso Emilio Ferreiro, foron descubertos nesta xornada de presentación dunha iniciativa que se completa coa base de datos á que se accede a través dos códigos QR presentes nestes paneis e na que se atopan xeolocalizadas estas 362 árbores, pertencentes a 54 especies de 28 familias distintas. 

Leer más

O uso do Dicionario segue a medrar e pecha 2018 con preto de 21,9 millóns de consultas

O Dicionario da Real Academia Galega volveu medrar en 2018 con máis consultas e novas palabras. O ano que acaba de rematar rexistrou 21.842.744 buscas en liña que representan unha media de case 60.000 diarias. As cifras dan conta da consolidación no uso cotián desta ferramenta básica da lingua galega, dispoñible en versión dixital e gratuíta desde 2013, e en constante actualización co apoio da Fundación Barrié. Leer más

1 2 3 20