A Real Academia Galega celebra con música, literatura e historia os 110 anos da estrea do Himno na Habana

O 20 de decembro de 1907 estreábase na Habana o Himno, nunha celebración solemne no Gran Teatro do Centro Galego. Aquel foi o primeiro dunha serie de xestos desde a emigración cubana que lle deron o pulo definitivo á composición de Eduardo Pondal e Pascual Veiga para a súa aceptación como símbolo de Galicia. A importancia da colectividade emigrante neste proceso é “un feito extraordinario que nos diferencia notablemente de calquera caso parecido”, subliñou hoxe o académico Ramón Villares na conmemoración do 110 aniversario desta estrea alén mar celebrada hoxe na Real Academia Galega nun acto organizado da man do Instituto José Cornide. O académico correspondente Fernando López-Acuña afondou no proceso de creación artística do Himno, composto en 1890, e pescudou outras posibles representacións anteriores nun serán na que a parte musical correu a cargo de Queiman en Pousa antes de rematar coa interpretación colectiva de “Os pinos”.

Leer más

1 2 3 7