@depulugo Preséntase o proxecto Camiño Escena Teatro, que trae catro representacións á provincia. @EscenaNorte @Teatrodelcuervo

O proxecto Camiño Escena Norte, promovido polas asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, chega a Lugo da man da Vicepresidencia da Deputación. A vicepresidenta, Maite Ferreiro, e o coordinador da iniciativa, Diego V. Meizoso, presentaron esta mañá o ciclo lucense do proxecto, que trae á provincia catro representacións. Leer más

Imelda May, Dulce Pontes, Iván Ferreiro e Novedades Carminha encabezan a programación musical da 56ª Festa do Marisco do Grove

A Festa do Marisco do Grove é unha das festas gastronómicas máis importante do noso páis, batendo récords anuais de visitantes, entrando así nunha senda de calidade e valor cultural que a converten nun referente que vai máis aló do propio marisco. Ademais de reunir a nomes de tanto percorrido e proxección como Imelda May, Dulce Pontes, Iván Ferreiro ou Novedades Carminha, os concertos incluidos nos 10 días de duración da Festa son totalmente gratuítos Leer más

@DeputacionOU. Volve o tradicional combate de mouros e cristiáns ao municipio de Rairiz de Veiga

 A “Romaría da Saínza” 2019 trae de novo a escena o tradicional combate de mouros e cristiáns ao municipio de Rairiz de Veiga, ademais dun completo programa de actividades que inclúe teatro, xogos populares, música, maxia e humor. A presentación desta celebración tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa e o concelleiro de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade e Manuel Carnero; o presidente da Asociación Socio-Cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez; e o membro da organización da Romaría, José Antonio Álvarez. Leer más

1 12 13 14 15 16 49