La sensibilidad y el duende de Soleá Morente, de gira en marzo por Galicia de la mano de SON Estrella Galicia

Marzo comenzará con la fuerza racial de Soleá Morente en Galicia dentro de la nueva edición del ciclo SON Estrella Galicia. La artista visitará Coruña (Garufa Club – miércoles 4 de marzo), Ourense (Teatro Principal, junto a Le Parody dentro del ciclo Voces Femeninas SON Estrella Galicia – jueves 5 de marzo) y Vigo (Masterclub – viernes 6 de marzo). Leer más

Peis d’hos alcanza a súa sétima edición

O VII Festival infantil de música e baile tradicional terá lugar este sábado 22 de febreiro ás 12h. no Auditorio de Cangas e nel participarán varios grupos formados na escola da asociación, a escola de pandeireta do CEIP O Hío e a A.C.F. O Fiadeiro de Vigo, todos eles integrados por alumnado infantil. Pasarán polo escenario 90 nenas e nenos, dos cales 60 forman parte de Peis d’hos, a agrupación organizadora, que encherán de cor, música e baile o escenario durante aproximadamente unha hora e cuarto. Nesta edición non faltarán sorpresas, entre elas podemos anunciar que contaremos con colaboracións especiais como a de Xico de Cariño e Zé Pumar.

A asociación conta actualmente con máis de 200 socias e socios, que na súa maioría forman parte activa das aulas impartidas na escola Peis d’hos durante o curso (acordeón, baile, canto e pandeireta, gaita, percusión e música e movemento) e que nutre aos grupos que actuarán este sábado. Estes grupos están dirixidos polas mestras e mestres Jorge Juncal, Nébeda Piñeiro, Noelia Villaverde, Marina Vigo e Miguel Sotelo, quenes resaltan o gran entusiasmo e nervios cos as cativas e cativos chegan a esta cita, xa que para unha boa parte delas e deles será a primeira vez que se suben a un escenario e ademais vestidas co traxe tradicional.

Intercambio interuniversitario da UDC coa Universidade de Granada

O presidente do Consello Social, Antonio Abril, recibiu aos tres estudantes do diploma en “Formación en Inclusión Social e Laboral de Xente Nova con Discapacidade Intelectual” da Universidad de Granada, que, acompañados por unha das súas docentes, participan esta semana no primeiro intercambio interuniversitario dos programas de formación sociolaboral para persoas con discapacidade cognitiva, que forman parte da rede UniDiversidad. As actividades en que participan combinan as clases na aula, con formación en habilidades para o emprego, xunto con visitas culturais e propostas de ocio, en completa inclusión con outros estudantes da UDC.

Tres estudantes do programa “Espazo Compartido”, xunto con dous docentes do título propio da Universidade da Coruña, estiveron a semana pasada de intercambio na Universidad de Granada, para participar nas clases do diploma correspondente na UGR. Os resultados, segundo explica a coordinadora do título coruñés, Thais Pousada, “superan todas as expectativas, xa que non só están compartindo coñecementos e aprendizaxes durante as clases, senón que tamén están fomentando as relacións sociais, o intercambio cultural e a experiencia vital que marcará a formación en competencias profesionais destes alumnos e alumnas”.

No acto de recepción protagonizado polo Consello Social da UDC, estiveron presentes a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, ademais da coordinadora Thais Pousada, e o xerente da Fundación UDC, Juan José Gómez.

Espazo Compartido é un curso de formación específica de posgrao da Universidade da Coruña de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas para a empregabilidade e a inclusión laboral de persoas novas con discapacidade cognitiva. Trátase dun proxecto pioneiro no sistema universitario de Galicia e un dos primeiros no ámbito nacional, que forma parte da rede UniDiversidad. Este bienio 2019/2021 acolle á que será a IV promoción do título. Espazo Compartido conta co apoio do Consello Social da Universidade da Coruña, a Fundación ONCE, o Grupo Banco Santander e Fundación Universia.

Marzo chega cargado de teatro no Concello de Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, presentou a XX Mostra de Teatro Clásico, que este ano contará con 10 representacións que se estenderán durante todo o mes de marzo. “A mostra nesta edición estará máis concentrada no tempo para facer máis doada a afluencia de público e a difusión e publicidade”, indicou Maite Ferreiro

Leer más

Emocionado recuerdo de José Luis Cuerda, el gran cineasta manchego enamorado de Galicia

Por Roberto L. Moskowich

A los 72 años de edad, a causa de una embolia, falleció el conocido cineasta José Luis Cuerda…. Así podría comenzar una nota necrológica al uso. Pero yo no quiero hacer nada necrológico, sino dedicar mi emocionado recuerdo y admiración eterna a uno de los mayores valores mundiales que ha dado el cine español a lo largo de toda su historia. Leer más

Manel, Nilüfer Yanya, Ele e O Terno irán á IV edición do Ribeira Sacra Festival

Manel, Nilüfer Yanya, Ele e O Terno son as primeiras confirmacións da cuarta edición do 17º Ribeira Sacra Festival, que se celebrará do 30 de xullo ao 2 de agosto, regresando unha das citas máis singulares do calendario estival que marida día e noite directos de bandas e artistas de pegada nacional e internacional, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra.

Manel presentarán o quinto disco na súa traxectoria, ‘Per la bona gent’, doce novas cancións que reúnen electrónica, tradición e un son persoal e absolutamente contemporáneo. Pola súa parte, a londinense Nilüfer Yanya, a nova promesa do soul-jazz pop cunha proxección inabarcable, chegará ao 17º Ribeira Sacra Festival co seu elepé debut, ‘Miss Universe’. Mentres, ELE continuará coa celebración do seu ‘What night hides’, un disco variado e persoal no que hai cabida para o soul, folk e gospel, co que dan ganas de pechar os ollos e gozar, ao igual que coa psicodelia dos anos 60 de trío paulista, O Terno.

EXPERIENCIAS EXCLUSIVAS EN ESCENARIOS ÚNICOS:

17º Ribeira Sacra Festival é a cita perfecta para gozar dunha programación única nunha contorna especial, a Ribeira Sacra, un dos segredos mellor gardados da paisaxe galega.

UN PARAÍSO NATURAL E PATRIMONIAL:

A Ribeira Sacra podería definirse como un dos tesouros naturais e patrimoniais de Galicia. Canóns de forte verticalidade deixan atrás unha paisaxe única e unha terra singular escollida durante séculos como lugar de retroceso e con condicións climáticas que favoreceron o desenvolvemento dunha importante actividade vitivinícola. As excepcionais condicións da natureza crearon un medio de extraordinario atractivo e beleza inusual.

1 2 3 4 5 81