@AcademiaGalega O presidente da RAG entrevístase coa alcaldesa da Coruña @inesreygarcia

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, mantivo hoxe no pazo de María Pita a primeira entrevista institucional coa nova alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Os responsables de ambas as entidades recordaron o vencello histórico entre Academia e Concello e acordaron manter unha nova xuntanza no mes de outubro na Real Academia Galega para afondar en posibles vías de colaboración. Víctor F. Freixanes agradeceu a sensibilidade amosada pola rexedora e confiou en que Academia e Concello poidan compartir no futuro novos proxectos. Leer más

Lugo. As áreas de Cultura do Concello e da Deputación (@obloque) organizan “O que Queda de Verán na Capela”

“O que Queda de Verán na Capela”, programa de concertos para todos os públicos nas tardes dos venres ás 20:30 na Capela de Santa María, con entrada libre até completar aforo. Segundo Maite Ferreiro “son tres concertos diferentes porque cremos a oferta cultural das institucións ten que ir dirixidas a todos os públicos”. Leer más

Campus Ourense. Benvidas e benvidos á Universidade!

ROSA TEDÍN  DUVI OURENSE. Con moitas ganas de coñecer a Universidade e a compañeiras e compañeiros de estudos. Con estes dous desexos na mochila, o alumnado de novo ingreso que este curso académico 2019/2020 comeza a formarse nas diferentes facultades e escolas do campus de Ourense achegouse este mércores á xornada de benvida organizada para eles pola institución académica. Nunha cita na que se mesturou a información coa diversión, alumnas e alumnos de primeiro curso puideron rachar o xeo e comezar a súa vida universitaria nun ambiente distendido.

Leer más

O FICRURAL converterá Santiago na capital da economía e da cultura rural do 22 ao 28 de setembro

Santiago de Compostela converterase na capital da economía e da cultura rural e alternativa de Galicia graza á celebración do I Foro Internacional da Economía e Cultura Rural (FICRURAL). A cita é do 22 ao 28 de setembro na Fundación Laboral da Construción e noutros espazos da cidade e do rural compostelán, onde se desenvolverán outras actividades ao longo do mes de setembro. FICRURAL está organizado polo Concello de Santiago co financiamento da Deputación da Coruña. Leer más

A @depulugo e @Xunta impulsan unha nova edición da Festa da Queima das Fachas en Taboada

A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde de Taboada, Ramiro Moure, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, e o Presidente da Asociación Cultural as Fachas, Manuel Fidalgo, presentaron este mércores na Escola de Castelo, no municipio taboadés, a Festa da Queima das Fachas, que se celebrará entre o vindeiro sábado e o luns. A Deputación colabora con este evento cunha achega económica de 3.000 euros. Leer más

1 5 6 7 8 9 36