A Coruña acolle mañá unha xornada de teatro pola saúde mental

O Fórum Metropolitano de A Coruña acollerá mañá, martes 17 de outubro, a III Xornada de Teatro e Saúde Mental, un encontro organizado pola asociación APEM no que participarán cinco asociacións de saúde mental procedentes de toda Galicia. Esta actividade permite, entre outras cousas, afondar e incentivar o emprego do teatro como ferramenta terapéutica e de desinhibición, a través da cal as persoas con problemas de saúde mental poden expresar sentimentos, situacións e sensacións. Leer más

1 2 3