O Palacio dos Deportes de Riazor agarda as Guerreiras Laranxas no primeiro “Galardón Irmandiño” en xogo para o Pescados Rubén Burela

O Palacio dos Deportes de Riazor agarda as Guerreiras Laranxas no primeiro título en xogo para o Pescados Rubén Burela, coa XIII Copa Galicia (20 e 21 de abril), que pelexará sen tregua para traer para A Mariña o que se convertería no quinto trofeo irmandiño do equipo para borrar a última experiencia de liga e recuperar forzas nunha tempada na que aínda hai moito por escibir.  “O resultado do sábado, en liga (1-2 Futsi), foi un pau para todas, pero temos que pasar páxina e centrarnos no que temos diante. Agora só estamos centradas en Copa Galicia; é o primeiro título que nos xogamos e para nós será moi importante gañalo, non só por conquistar o máximo recoñecemento galego, senón tamén para recuperar confianza e boas sensacións para completar a liga”, explica Luci. Leer más

1 22 23 24 25 26 39