O BNG de Viveiro insta ao SERGAS a crear unha cuarta praza médica de tarde no Centro de Saúde

O Servizo  Galego de  Saúde (Sergas) publicou a principios de 2007 un informe titulado Plan de  Mellora dá Atención Primaria en Galiza, no que se establecía unha cota base por médico de 1.250 pacientes, para dese modo garantir unha mellor atención sanitaria á poboación. Con todo, os obxectivos marcados nese plan foron eliminados polo goberno de Feijóo. Semergen e outras sociedades científicas fixan nun ideal de 1.300 e que nunca debería superar os 1.500. Leer más

A Asociación Española de Economía galardoa un traballo fin de grao vigués

DUVI  

A Asociación Española de Economía puxo en marcha en 2018 o Premio de Traballos fin de Grao, aberto aos estudantes deste ámbito nas universidades españolas. E nesta primeira edición un dos primeiros premios foi para un estudante da Universidade de Vigo, en concreto para Diego Aires, por un proxecto sobre os efectos macroeconómicos dos impostos progresivos nun equilibrio xeral dinámico con axentes heteroxéneos. Aires, que na actualidade está a cursar o Máster en Economía da Universidade Carlos III de Madrid, explica que o seu proxecto fin de grao centrouse en “analizar o impacto dos impostos progresivos no benestar da sociedade e na desigualdade da renda”. Segundo relata, unha das conclusións máis destacables do seu traballo demostra que “o Goberno, con determinadas limitacións, pode levar a cabo políticas fiscais que permiten reducir a desigualdade da renda e, ao mesmo tempo, mellorar o benestar dos individuos con menos recursos da sociedade”.

Leer más

CCOO-Sanidade pide adecuar a clasificación profesional ao nivel de formación

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras pide adecuar a clasificación profesional ao nivel de formación. E a principal reivindicación do sindicato nunha xornada que ten lugar hoxe en Santiago para, precisamente, orientar os profesionais neste sentido. O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, coida que a prestación dun servizo básico como é a sanidade «non pode descansar sistematicamente no compromiso vocacional dos seus profesionais». Leer más

FeSP-UGT denuncia que as obras na oficina de Correos da Xunta se están a facer co persoal dentro e aberta ao público

FeSP-UGT denuncia a situación que dende a tarde de onte se está a vivir na sucursal que Correos ten no edificio da Xunta en San Caetano. Todo se remonta a hai tres meses cando tivo lugar nesta oficina un conato de incendio. Como consecuencia disto, na tarde de onte achegáronse a esta sucursal un grupo de traballadores que comezou as obras para desmontar as placas do teito. As obras continúan hoxe pola mañá cos traballadores de Correos dentro e coa oficina aberta ao público, cos riscos que isto conleva de que se desprenda calquera peza da obra e poida mancar a alguén. Leer más

1 2 3 21