Patricia Vilán: “Sogama lava as mans como poncio pilatos no conflicto laboral”

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao presidente de Sogama de “lavar as mans como Poncio Pilatos” no conflito laboral da empresa adxudicataria do transporte. A responsable socialista esixiulle un “control absolutamente rigoroso” sobre as condicións do servizo contratado por Sogama “en canto que é unha entidade pública” Leer más

Tellado salienta que Galicia sexa a segunda comunidade autónoma na que máis baixou o paro no último ano

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, salientou hoxe que “o desemprego continuou caendo no mes de maio na Comunidade galega, e xa levamos seis anos consecutivos descendendo, situando a Galicia como a segunda comunidade autónoma de España na que máis baixou o paro no último ano”. Diante destes datos, celebrou “as palabras da ministra da ministra de Economía, Nadia Calviño, nas que recoñecía que non era conveniente derrogar a reforma laboral do Partido Popular, admitindo que esta reforma impulsada polo Goberno de Mariano Rajoy foi fundamental para sacar a España da crise e instalala no crecemento económico” Leer más

1 14 15 16 17 18 19