O Lucus Intercentros, por streaming

O Servizo de Audiovisuais da Deputación emitiu en directo a través de Youtube o concurso Lucus Intercentros celebrado este venres no IES Muralla Romana. Unha ducia de alumnos e alumnas do Centro de Formación do SdeA, supervisados por un docente e varios técnicos, foron os encargados de realizar o streaming do evento, no que competiron estudantes de 1º de Bacharelato dos sete institutos da capital lucense.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou na entrega de premios desta novena edición, na que resultou gañador o equipo do IES Sanxillao. O segundo posto foi para o IES Leiras Pulpeiro tras unha disputada final.  En terceiro lugar quedou o IES Lucus Augusti e o IES Xoán Montes foi cuarto. Repartíronse tabletas, pulseiras de actividade e altofalantes bluetooth.

 

Prácticas en escenarios reais

Na realización do streaming os alumnos e alumnas do SdeA empregaron catro cámaras e todo o material preciso para a transmisión do evento a través de Internet. Os estudantes rotaron polos distintos postos, desde realizador e mesturador de vídeo e son, ata operador de cámara, co obxectivo de aproveitar ao máximo esta práctica formativa.

Por outra banda, a organización do concurso Lucus Intercentros tamén serviu de práctica aos estudantes de Administración e Xestión do Muralla Roma. Trátase dun certame de preguntas e respostas sobre contidos propios de 1º de BAC, no que compiten equipos formados por tres alumnos. Hay dez bloques sobre distintas materias, que van desde a actualidade económica, política e social, ata a arte o deporte ou a xeografía. Ademais do SdeA tamén colaboraron o CIFP Politécnico e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.

21.000 euros para o Colexio Martínez Otero de Foz

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo un encontro este venres no Pazo de San Marcos co representante do Colexio Fundación Martínez Otero de Foz, Manuel Benito González Alonso, durante o que asinaron un convenio de colaboración da institución provincial con este centro educativo. A través do acordo, a Deputación destina preto de 21.000€ para financiar a obra de reforma do patio de recreo deste inmoble, que consistirá nas obras de substitución do asfalto na superficie exterior do patio de recreo.

1 2 3 7