Luca Chao califica de “imprescindible” o papel de Grupo Común da Esquerda

A voceira do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, valorou este luns os resultados das eleccións xerais do 10 de novembro, que amosan que “o noso espazo político é imprescindible para a gobernabilidade do Estado e na alternativa a Feijóo”, polo que “temos a obriga de traballar por esta alternativa de progreso para Galicia”. Chao destacou que “por segunda vez consecutiva Feijóo perde a maioría absoluta” e conta con 3 representantes e 300.000 votos menos que o bloque progresista.

“As eleccións de onte consolidan o noso espazo como a terceira forza política deste país a unha distancia clara da seguinte. Os resultados evidencian que temos un espazo consolidado á esquerda do PSOE capaz e obrigado a artellar unha alternativa política que despida a década perdida de Feijóo e poña coto á extrema dereita”, remarcou a voceira. “Temos unha responsabilidade enorme”, xa que a cidadanía galega “non pode volver soportar catro anos de parálise, outra lexislatura perdida na que se siga destruíndo emprego, na que siga aumentando a desigualdade, na que se sigan minguando os servizos públicos e na que a mocidade siga tendo que marchar”.

Con respecto aos resultados a nivel estatal, Luca Chao lamentou o ascenso da extrema dereita, “co que ningún demócrata debera estar tranquilo nin satisfeito”, e indicou que “é consecuencia directa da irresponsabilidade de Pedro Sánchez, convocando unhas eleccións que ninguén quería, que non eran necesarias, e que só se provocaron por un cálculo electoralista, curtopracista e equivocado. A negativa de Sánchez a formar un Goberno de esquerdas só serviu para alimentar a extrema dereita. Isto e o entendemento do PP cos ultras de Vox, que non fai máis que normalizalos”.

Ante isto, afirmou que “frear o discurso do odio e a intolerancia será o noso principal obxectivo” e instou á formación dun Goberno progresista, xa que o permiten os números. “No bloque da esquerda, seguimos sumando máis. Pedro Sánchez terá que decidir: ou  cos señores que se sentan no IBEX 35, ou coas maiorías sociais que veñen de expresar as súas preferencias”.  Para a voceira, “calquera alternativa que pase por un entendemento coa dereita sería unha traición aos seus votantes”.

Pola contra, “se o sentido común se impón, isto debera ser unha boa nova para as clases populares” apuntou. “É o tempo dos pactos políticos para formar Goberno, pero por suposto é tempo dun pacto social que blinde os dereitos da cidadanía e garanta que a futura recesión non pese sobre a xente traballadora, alén dun pacto territorial que aposte polo diálogo. Teñamos claro que só políticas de esquerdas, de defensa do ben común e de blindaxe dos dereitos sociais serán a vacina contra a extrema dereita e o fascismo. Polo tanto, o que en abril era unha oportunidade histórica, hoxe é unha responsabilidade histórica”, remarcou.

En definitiva, Luca Chao concluíu que “hoxe volvemos ter sobre a mesa a posibilidade dun Goberno de esquerdas que conte cos problemas do noso país. Conseguilo será a mellor mensaxe que poidamos trasladar á cidadanía galega para ver que nuns meses seremos quen, non só de acabar co tempo de Feijóo, senón de artellar un goberno de progreso que remate con tantos anos de políticas neoliberais que non fixeron máis que aumentar a desigualdade e servir de caldo de cultivo á extrema dereita”.

Por último, a voceira tamén quixo enviar unha mensaxe de apoio ao pobo boliviano, que “viu onte a consumación dun golpe de estado no seu país. Nós estaremos sempre do lado da democracia e dos dereitos sociais”

Reformas en Valencia: viviendas, apartamentos y locales comerciales

La costa levantina y en particular Valencia es una de las zonas que mayor turismo, concentración de población, viviendas y locales comerciales registra en toda España. Cómo no podía ser de otro modo las reformas y rehabilitaciones en inmuebles o locales están a la orden del día, ya que son muchos los antiguos o nuevos propietarios de viviendas y negocios que deciden llevar a cabo una reforma integral o parcial poniéndose en manos de expertos profesionales Leer más

@CEPESCA recuerda que el consumo de pez espada, atún rojo y tiburón puede hacerse con garantías en embarazadas y niños menores de 10 años

La Confederación Española de Pesca (Cepesca) recuerda que el consumo de pez espada, atún rojo y tiburón puede hacerse con garantías y recuerda que los beneficios de su consumo supera a los potenciales riesgos, siempre que se realice como parte de una dieta equilibrada y que contemple la ingesta variada de distintas especies de pescado azul y blanco. Leer más

1 2 3 4 35