En Marea denuncia a deficiente xestón dos Fondos Europeos da Xunta no 2016 

O grupo de En Marea denuncia a incapacidade de xestión por parte do Goberno da Xunta que demostran os datos que se desprenden do Informe de fiscalización dos Fondos Europeos que entregou no Parlamento galego o Consello de Contas, a xestión dos Fondos europeos foi manifestamente deficiente no exercicio 2016. A Xunta de Galicia deu de baixa durante o exercicio 278 millóns de euros, dun total de 788 de crédito inicialmente dispoñible, ou o que é o mesmo, a terceira parte dos fondos europeos dos que dispoñía a Xunta foron dados de baixa, por incapacidade de xestionalos.Estas baixas que afectaron mesmo en porcentaxes superiores a programas como o FEMP 2014-2020 (baixa do 75%), FEDER 2014-2020 ( baixa do 62%) ou FSE 2014-2020 (36%). Leer más

Plataforma Sanitaria da Sanidade da Mariña: O SERGAS tunea datos con cifras que están lonxe das reais

Diante das  novas publicadas pola prensa nas que o Sergas  volve dar cifras das agardas para probas diágnósticas de 35,9 días de media no primeiro semestre do ano ou de 34 días de espera media para unha primeira cita  en consultas con especialistas , a Plataforma Sanitaria   manifesta que este novo tuneado de datos con cifras  que están lonxe das reais só pode obedecer ao intento de tapar a desastrosa xestión que se está a facer por parte desta xerencia en canto a recotes indecentes de persoal con peches de camas enmascarados. Leer más

Javier Santín traslada á conselleira de Medio Rural as necesidades de Cervantes

O voceiro popular de Cervantes, Javier Santín, vén de trasladar á conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, as necesidades do seu municipio, e que pasan fundamentalmente por articular medidas destinadas á prevención de incendios, á mellora de infraestruturas, á renovación de pastizais, ás inquedanzas das Comunidades de Montes e á nova lexislación sobre o tratamento dos xurros que xeran as explotacións gandeiras. Leer más

O BNG pide responsabilidade e compromiso ao Goberno de Culleredo

O BNG de Culleredo pide ao Goberno Municipal un maior grao de responsabilidade, rigor e compromiso para traballar a prol dos veciños e veciñas, perante as constantes mostras de incapacidade para xestionar o Concello a tódolos niveis, dende o urbanismo, co novo PXOM paralizado e sen data de aprobación, até a xestión económica, como vimos esta semana co seu amago de aprobar o uso de 1,2 millóns do remanente.

Leer más

1 2 3 66