En marcha as obras de emerxencia en catro estradas lucenses

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, apuntou que está previsto rematar esta semana os traballos na LU-621 (A Pobra de San Xiao-Baralla) e comezar na LU-622 (Corvelle-Láncara). Os últimos temporais de choiva tamén causaron danos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a reparar nas estradas LU-642 (O Incio) e no vial LU-722, que comunica Becerreá e Navia de Suarna   Leer más

Conética denuncia a autorizacion ilegal da xuntanza de raposeiros de Portomarín

 Convivencia ética coa fauna salvaxe requiriu á Xefatura Territorial dá Consellería de Medio Ambiente de Lugo os resultados dos dous campionatos de caza de raposo que se realizaron o 9 de febreiro do 2019 na provincia de Lugo, o campionato social que tivo lugar en Terra Chá e a Xuntanza de raposeiros que se emprazou en Portomarín. Estes tecores deberían comunicar á Administración no seguintes quince días ao campionato os resultados da cazaría. Leer más

Balseiro felicita a Benedicta Sánchez

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, felicitou hoxe a Benedicta Sánchez por conseguir o premio Goya como mellor actriz revelación, e agradeceu o seu gran labor de embaixadora por “difundir o nome da provincia e de Galicia no mundo”.

Balseiro recibiu á actriz na Delegación Territorial da Xunta en Lugo e expresou o seu recoñecemento, e o do Goberno galego, ao excelente traballo que realizou na película O que arde, de Oliver Laxe, “xusta merecedora dos premios que lle outorgou a Academia de Cine española e de todos os que está a obter no ámbito internacional”.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acudiu á gala dos Goya a apoiar a película, rodada nos montes de Navia de Suarna en lingua galega e que tamén logrou o  premio do xurado no Festival de Cannes -na sección ‘Un certain regard’-, entre outros.

1 8 9 10 11 12 58