A Xunta adxudica en 142.000 euros a obra de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo, á altura da rúa Clérigos

O delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos contan cun prazo de execución de dous meses e teñen un dobre obxectivo: a consolidación da estrutura, eliminando patoloxías propias do paso do tempo, e afondar na investigación arqueolóxica do monumento. A Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha tamén a obra de consolidación estrutura do cubo VII, á altura da porta do Bispo Odoario, que supoñen un investimento adicional de 273.400 euros Leer más

 @jaimedeolano “Os populares traballamos polos lucenses e galegos dende Madrid, os socialistas de Lugo traballan para Pedro Sánchez”

O vicesecretario de Participación do Partido Popular e deputado no Congreso por Lugo, Jaime De Olano, asegura que “se pode traballar polos lucenses e polos galegos como facemos os deputados e senadores do PP”, pero tamén se pode “estar en Lugo e traballar unicamente por Pedro Sánchez”. Leer más

@PsoeLugo. “O PP que pare de mentir e enganar sobre o pago dos fondos a Comunidades e Concellos”

A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero acusou hoxe ao PP “de pasar do absentismo total da política autonómica a desbarrar sobre a politica actual”, e pediu ao PP “que pare de enganar e mentir sobre o pago dos fondos a Comunidades e Concellos”. Otero fixo esta afirmación tras coñecer as declaracións do deputado popular, Jaime Olano, sobre este asunto. Leer más

1 2 3 4 5 18