O actor francés de orixe ourensán, José García, Calpurnia de Honra Internacional no Ourense Film Festival 2019

 O actor francés de orixe ourensán José García recibirá na 24 edición do “Ourense Film Festival” (OUFF) a Calpurnia de Honra Internacional en recoñecemento á súa carreira no mundo da interpretación. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicoulle esta mañá persoalmente o recoñecemento por parte do festival, considerando “unha honra compartir conversa cun dos grandes de Ourense, José García, un actor de incrible prestixio en Francia, que non esquece as súas raíces, e que vai a ser recoñecido no OUFF coa súa Calpurnia de Honra Internacional, un merecido galardón”, dixo Baltar. Leer más

O Concello de Ourense pon en marcha un plan de limpeza nos barrios

O Concello de Ourense pon en marcha un plan intensivo de limpeza viaria. Froito da reunión mantida o pasado 15 de xullo entre o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, e o comité de xerencia da empresa concesionaria da limpeza, Ecourense UTE, esta presentou un programa de actuacións que comeza por incrementar a súa presenza nas rúas e por implementar un calendario de actuacións nos diferentes barrios da cidade. Leer más

A Policía Local de Ourense contará con nove novos efectivos máis, que se incorporan ao persoal en réxime de prácticas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos os novos policías locais en prácticas cos que contará o Concello de Ourense. Estes nove efectivos, que deberán superar o proceso formativo en réxime de prácticas, non se incorporarían ao corpo municipal até o inicio de 2020, cando poderían tomar posesión do cargo. Leer más

Ourense. A Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) dá o seu apoio para o proxecto do centro de Intelixencia Artificial en Ourense

O proxecto para a creación dun centro de intelixencia artificial na cidade de Ourense vai sumando apoios. Se onte era a Universidade de Vigo, hoxe é a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) a que, a través do director do seu centro asociado en Ourense, Jesús Manuel García, manifestaba a súa intención de apoiar este proxecto. Nunha xuntanza entre o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o equipo directivo da institución educativa en Ourense, saíu esta mañá o compromiso para unha reunión formal co equipo de goberno da UNED en Madrid. Leer más

1 4 5 6 7