Carta dos edís do PP dá Fonsagrada aos veciños

Queridos veciños:

Como ben sabedes, onte asistimos ao Pleno Extraordinario de Organización do noso Concello.

Neste Pleno, como o seu nome indica, organízanse as Comisións, noméanse Tenentes de Alcalde, representantes do Concello en distintas Institucións, dase razón dos Decretos aprobados pola Alcaldia, etc… E tamén se propoñen as adicacións que percibirá a Xunta de Goberno.

     Queremos poñer de manifesto, en canto ás adicacións  e a retribucións propostas, que somos conscientes da enorme responsabilidade e carga de traballo que supón a xestión dun Concello e consideramos que sen ningunha dúbida o Alcalde debe ter unha adicación exclusiva e un salario digno que lle permita unha total entrega ó noso Concello.

Dito isto, o noso voto en contra veu dado porque, ao longo de toda a campaña electoral, a transparencia foi a nosa bandeira, máis alá do que a propia  lei esixe, e poñemos algún exemplo do que pedimos:

  • Convidar ás empresas da zona (a todas, non só ás afins), a presupostar todas as obras, non só as de maior contía (ainda que a Lei non o esixe, cremos que a ética sí que o esixe).
  • Aclarar as mentiras que durante a campaña se dixeron sobre a apertura da Residencia Rois, que ainda segue en obras e sen rematar.
  • Explicar quen se encarga do control dos almacéns municipais, referímonos á compra de suministros, stockaxe, xustificación de emprego de materiais…
  • Explicar o control que hai sobre o emprego de vehículos do Concello.

Pedimos tamén un local dentro do Concello para poder levar a cabo a nosa función de supervisión e poder estudar detidamente a documentación e facturas, posto que este material non se pode sacar do Concello. Pese a que estes locais están contemplados no novo edificio consistorial, o seu uso foinos denegado e están a ser empregados como almacén.

Levamos un mes e medio de lexislatura e estes aspectos nin se están a cumprir nin vemos vontade de comezar a cumprilos.

Dito esto, e moi  ao noso pesar, xa que reiteramos a necesidade de que o noso alcalde teña un salario e unha dedicación que lle permitan xestionar o Concello como se merecen os nosos vecinos e veciñas,  a nosa ética non nos permitiu aprobar esta proposta da alcaldía xa que entendemos que os dous grupos municipais que sustentan este goberno, están perfectamente ao corrente de todo o que acabamos de dicir, e ainda sabéndoo, e coñecendo que dende un principio o noso grupo político foi férreo na defensa da transparencia e da legalidade, seguen a mesma liña de traballo que seguiron nos últimos anos, e aos exemplos dados nos remitimos.

Ainda así, en ningún momento se pecharon as portas. Estamos dispostos a escoitar, dispostos a colaborar e dispostos como sempre dixemos, a traballar por e para os nosos veciños e veciñas. Se esto se cumple, por suposto que estaremos dispostos a entrar en negociacións sobre o salario e dedicacións dos nosos gobernantes.

E non está demais lembrarlles que quen gañamos as elección fomos nós.

Moitas gracias

Por un monte galego con futuro’ desmente a propaganda montada pola Xunta arredor do Pladiga

Representantes da plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ conformada por organizacións ecoloxistas, sindicais e do mundo rural desmentiron esta mañá en Ourense a propaganda institucional montada pola Xunta de Galiza arredor do Pladiga (Plan de Prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza 2019). Denunciaron que “leva 12 anos sen se cumprir” e cualificárono como de “fomento da extinción, fronte a prevención dos lumes forestais”, ao tempo que anunciaron a convocatoria dunha manifestación nacional en Santiago de Compostela o vindeiro 20 de outubro.

Para ilustrar a súa denuncia presentaron unha infografía na que se recollen os datos que a Xunta non contempla na súa propaganda e que evidencian o estado no que se atopa realmente o rural e os montes galegos.

500.000 ha de eucaliptais

Así subliñaron que hai xa 500.000 hectáreas de eucaliptais, das que 30.000 están ocupando terras agrarias. Unha especie pirófita que no Plan Forestal que está a revisar a Xunta se pretende promover aínda máis coa ocupación doutras 35.000 ha.

Por iso reclamaron, entre outras cuestións, que as administracións galega e estatal aposten por unha planificación para o monte galego que teña en conta “o actual contexto de perda acelerada de biodiversidade e dos efectos do cambio climático e, que non se use isto como escusa para seguir potenciando as repoboacións con eucaliptos e outras especies invasoras”.

Xunto a isto demandaron o peche do ciclo produtivo da madeira en Galiza de xeito que -cunha regulación do monte axeitada, que favoreza a biodiversidade, mais permita a explotación forestal ordenada- “se recupere o tecido industrial que se dedicaba aos aproveitamentos forestais, algo que permitiría a recuperación de postos de traballo e a fixación de poboación no rural”.

Sobre a mesa puxeron ademais propostas concretas como a demanda dunha moratoria indefinida para novos plantíos de Eucalyptuse prohibición na RGEP (Rede Galega de Espazos Protexidos); a prohibición das novas plantacións de Eucalyptusnitens e de repoboacións con robinias, acacias, Pawlonia e bambús, e outras especies invasoras e a erradicación destas na RGEP.

Ademais reclamaron un programa de redución progresiva da superficie ocupada por eucaliptos e doutras especies exóticas invasoras presentes no monte galego: robinias, ailantos, cortaderias, calas, ortensias, bambús, crocosmias e outro de eliminación das plantacións ilegais en terras agrarias e bosques autóctonos.

Isto xunto á modificación do “Decreto 163/2014 para a compensación e absorción de dióxido de carbono a través de masas forestais” para excluír as masas de eucalipto e doutras especies exótica invasoras como sumidoiros de carbono; evitar as repoboacións forestais sobre terreos queimados; limitar as quendas de corta a un mínimo de 30 anos e introducir variantes de carácter social e ambiental na valoración dos proxectos.

A plataforma denunciou, ademais, as políticas que, desde a Xunta, promoveron o abandono do rural. Políticas que provocaron que nos últimos anos se teñan abandonado até 30.000 explotacións gandeiras, no canto de promover o pastoreo e a gandería extensiva como elemento natural de roza e prevención de incendios.

Cero efectivos facendo labores de prevención todo o ano

As/os representantes de “Por un monte galego con futuro” rexeitaron as inxentes cantidades de fondos públicos destinadas á “industria do lume” en Galiza, mentres que hai “cero efectivos facendo labores de prevención todo o ano”.

Labores de prevención que a Xunta de Galiza fai recaer sobre os concellos, mentres elude establecer unha planificación e políticas que favorezan realmente esa prevención fronte os incendios forestais como “a creación dunha lei de ordenación dos usos das terras que permita a multifuncionalidade do monte”.

Xunto a isto propuxeron a recuperación dos 100 m de anchura para as redes secundarias de xestión da biomasa na loita contra os lumes, favorecendo alternativas multifuncionais para estas franxas de seguridade; a xestión da biomasa nas franxas secundarias e terciarias farase con recursos públicos, agás nos casos nos que os/as titulares das vivendas construísen estes inmobles fóra do ordenamento xurídico ou a ruptura das masas monoespecíficas con faixas de separación de 100m por cada 50ha de eucaliptos, e de 50m por cada 50ha de piñeiros.

Tamén demandaron o incremento das distancias das plantacións forestais a terras de cultivo, ríos, zonas habitadas, vías de comunicación…; o establecemento dun perímetro de exclusión de 25 m das plantacións forestais aos xacementos arqueolóxicos, e nos seguintes 25 metros un marco mínimo de plantación de 6×6 arredor destes elementos.

Plans de prevención

Para a plataforma os plans de prevención de incendios deben elaborarse a nivel de Distrito, facendo os Concellos as adaptacións territoriais necesarias e o Pladiga ten que ser de carácter anual, aprobarase no último trimestre do ano anterior ao de aplicación e establecer obxectivos claros de prevención dos incendios forestaisPara iso, apostan pola creación dun único servizo público, profesional e adecuadamente formado de prevención e extinción de incendios.

Todas estas demandas e reivindicacións centrarán a manifestación convocada pola plataforma en Santiago o 20 de outubro e que foi anunciada hoxe na rolda de prensa celebrada en Ourense.

POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO:

Amarelante S. Coop. Galega, Amigos da Terra, A Rente de Chan- PLADEVER, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Amigos e Amigas dos Bosques “O Ouriol do Anllóns”, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Frouma, Asociación Montes da Galiza – Montegal, Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), Colectivo Agrocuir da Ulloa, Confederación Intersindical Galega (CIG), Comando Ghichas do Valmiñor, Federación Rural Galega (FRUGA), KunterbuntDesign, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego (SLG), Verdegaia.

 

Candia: “máis que ilusionarnos cun proxecto, o presidente da Deputación aproveitou o discurso para criticar ao compañeiro saínte”

“Máis que ilusionarnos cun proxecto, o presidente da Deputación aproveitou o discurso para criticar ao compañeiro saínte”. Así o destaca a deputada do PP, Elena Candia, unha vez rematado o acto de constitución da nova Corporación provincial, asegurando que  “dende o Grupo Popular traballaremos dende a responsabilidade, a coherencia e aproveitando a experiencia da man dun proxecto claro”. Nese senso, lamenta que “PSOE e BNG rexeitaran escoitar o proxecto de provincia que lles presentaba o Partido Popular, o partido máis votado polos lucenses e que ten un proxecto serio dirixido a mellorar a nosa provincia”. Leer más

Los barcos de la travesía “Navega al Camino” entran en aguas gallegas

Ya queda menos. Los barcos participantes en la travesía “Navega el Camino”, la ruta jacobea por mar organizada por NorthMarinas, partieron esta mañana desde el puerto de Cudillero con destino a Burela para adentrarse en aguas gallegas y afrontar el último tramo de una aventura que comenzó el pasado día 5 de julio en el puerto francés de La Rochelle. Si el mar respeta los plazos establecidos, los peregrinos llegarán a Santiago de Compostela el próximo día 27 tras haber hecho escala en ocho localidades gallegas: Burela, Viveiro, Ferrol, La Coruña, Muxía, Muros, Villagarcía de Arosa y Padrón. Leer más

1 2 3 4 81