A Audiencia multa a unha muller por axudar a entrar como turistas a España a tres mulleres que ían exercer a prostitución en Noia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a unha muller a pagar unha multa de 7.200 euros como autora de tres delitos contra os cidadáns estranxeiros e absolveuna dos delitos de prostitución e contra os dereitos dos traballadores que lle imputaba a Fiscalía. O tribunal considera acreditado que a sospeitosa pactou con tres mulleres procedentes do seu país de orixe, Colombia, que lles prestaba os cartos para financiar a súa viaxe a España a cambio de que exercesen a prostitución na súa vivenda de Noia e lle devolvesen a débeda contraída con intereses. Leer más

Os karts chegan a Vilalba para a concienciación vial dos máis pequenos

Lecer e conciencia sobre condución respectuosa nunha actividade dirixida a nenos e nenas. Este foi o proxecto que iniciou hoxe en Vilalba da man da Cruz Vermella da localidade e a Dirección Xeral de Tráfico, coa colaboración do Concello. A alcaldesa, Elba Veleiro, e a concelleira Antía Rama achegáronse esta mañá ao pavillón municipal para dar a benvida a esta nova actividade que se desenvolverá neste espazo ata o día 18 de xullo, de 10 a 13 horas, e que supón un paso adiante de cara á convivencia e respecto entre os máis cativos. Leer más

Homenaxe ao presidente da Audiencia da Coruña polo seu nomeamento como maxistrado do Supremo

Con motivo do nomeamento do ata agora presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luis Seoane Spiegelberg, como maxistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo, os seus compañeiros, familiares e amigos organizáronlle hoxe unha homenaxe no hotel Finisterre da Coruña. Seoane Spiegelberg ingresou na carreira xudicial en 1981 e foi destinado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Martos (Xaén). Exerceu como xuíz en Cambados (Pontevedra) e Xixón, cidade da que foi xuíz decano entre 1986 e 1990. Ese mesmo ano foi nomeado maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, órgano que preside desde 2006 e cuxa Sección Cuarta presidiu desde 1997. Leer más

O PP de Cervantes cre “excesivo” que o Concello pague en salarios de políticos máis de 53.000 euros anuais, “cando non se lles vei no traballo”

 Denuncia “a habilitade dos socialistas para crear soldos”, cando, sen embargo, renunciaron a que se creen dez postos de traballo no municipio, ao non pedir unha segunda brigada contraincendios da Xunta ou, por segundo ano consecutivo, non solicitaron o convenio de desbroces bonificados da FEGAMP, SEAGA e Medio Rural Leer más

1 204 205 206 207 208 238